CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

5º Curso

A través da ventá

Os alumnos e alumnos de 5°A quixeron compartir con todos e todas vós esta revista dixital na que nos describen as fermosas paisaxes que están a ver dende as súas casas, así coma tamén as emocións e sentimentos que lles transmiten.
Transportaranvos a elas. Mirade, mirade...!


PROXECTO RÍOS

Hoxe 5º A acudiu as beiras do río Pego para participar nunha actividade dentro do Proxecto Ríos.

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.

Hoxe ademais de recoller lixo, fixeron unha mostraxe cun ganapán, repartindo en catro bandexas e analizando os macroinvertebrados. Atoparon: calopterygidae, plecópteros, escarebellos, libélulas, gómfidos, tricópteros, sericostomátidos,... estes últimos indicadores de boa calidade da auga. Tamén se comprobou que a temperatura da auga era de 9ºC.

O MAGO ZANAS ACTÚA EN 5º CURSO

Nas clases de 5º curso, nenos e nenas  recibiron unha auténtica sorpresa: disfrutaron da actuación do mago Zanas, que os deixou a todos abraiados cos seus trucos de cartas. Non foron quen de descubrilo, e iso que o intentaron!

5º Curso visita Pontevedra

Este xoves 5º fixo unha saída didactica a Pontevedra. Ao longo de todo o día visitaron o sempre interesante Museo de Pontevedra, despois foron ao Pazo de Lourizan e remataron no castelo de Soutomaior.

 

RAP DA XEOGRAFÍA DE ESPAÑA

TAPAS DAS PAPELEIRAS

Grazas ao traballo dos nenos e nenas de 5º as nosas papeleiras xa teñen tapa. Sentímolo moito polos corvos e as pegas, que tódalas tardes tiñan moito traballo no noso patio, agora terán que buscar outra cousa para brincar que non sexa o lixo do Caselles.

RAP DA XEOGRAFÍA GALEGA

VISITA Á CORUÑA

PLANTACIÓN DE 5º PARA A 10ª MOSTRA DE CULTIVOS DO BAIXO MIÑO

    Este xoves as nenas e nenos de 5º nivel fixeron unha plantación de mimulus luteus, unha fermosa planta ornamental. A actividade está organizada e costeada polo concello de Tomiño como unha das actividades educativas organizadas para a 10ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño que se celebrará no pavillón municipal de Goián os días 20 e 21 de abril de 2013.

Visita a Rosaleira

    O pasado mes de novembro, os alumnos e alumnas de 5º, fomos de excursión á fábrica da Rosaleira. Alí ensináronnos cal era o proceso de envasado dos grelos.Podemos resumilo nos seguintes pasos:

1º Os grelos chegan a fábrica en camións, donde son seleccionados e lavados.

2º A continuación, son metidos en cubas grandes de auga quente  a 80-100 graos.

3º Despois son sumerxidos en auga fría.

4º Seguindo o proceso, son pesados e metidos en latas.

5º Añádeselle auga salgada ao envase.

6º Colocáselle, cunha máquina, unha tapa a cada lata.

7º Despois, son metidas nunha cuba grande (autoclave) donde son envasados ao vacío para eliminarlle todo tipo de bacterias.

8º Por último, son levadas ao almacén donde se lle coloca a etiqueta de envasado e son colocadas en caixas ou palés.  ¡LISTOS PARA SABOREAR!

 

 

Distribuir contido