Contacontos pola Igualdade
" NON MÁIS PRINCESAS" CONTOS POLA IGUALDADE. PEDRO BRANDARIZ
Nada mellor que os contos para traballar a Igualdade e a Coeducación cos nenos e nenas. E aínda mellor, se quen os conta é un coñecido contacontos galego, Pedro Brandariz.
Hoxe contamos no colexio coa súa presenza, e pequenos/as e maiores, gozamos coas súas historias.
"Un fantasma en apuros" en versión galega, foi unha das divertidas narracións na que tamén colaborou o alumnado.