Nota informativa
Achegámosvos a nota informativa coas actividades do mes de novembro, que tamén podedes consultar no apartado Axenda de eventos da páxina web de Espazo Lectura.
Por mor da COVID-19 haberá que adaptar tanto espazos como algunhas actividades á nova situación sanitaria e adecuarse aos protocolos impostos polas autoridades sanitarias en materia de limitación de aforo e de distancias de seguridade, hixiene e ventilación. Loxicamente, a necesidade de manter o afastamento vai condicionar extraordinariamente o número de participantes nas diversas actividades.
A Casa da Lectura, debido ao seu reducido tamaño, non poderá albergar as actividades infantís polo que moitas acividades celebraránse no Auditorio Municipal Lois Tobío, no Centro Neural de Gondomar e na carpa da Praza da Paradela.
Agardamos que a programación sexa do voso interese.
Saúdos
O equipo de Espazo Lectura