RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR SECTOR NAIS e PAIS (2024 – 2028)
RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR
SECTOR NAIS e PAIS (2024 – 2028)
A renovación parcial dun consello escolar é un proceso mediante o cal se renova unha parte dos seus membros, en lugar de realizar un cambio total. Este proceso é importante para garantir a continuidade na xestión do centro educativo, así como para permitir a entrada de novas ideas e perspectivas.
A renovación implica un proceso de elección, no que se elixen novos representantes para os grupos de participantes (como pais, profesores, alumnado).
As eleccións son organizadas de acordo coas normas establecidas polo centro educativo e a normativa autonómica.
No día de hoxe, luns 28 de outubro de 2024, quedou constituída a Xunta Electoral que realizará a organización e supervisión electoral e que está formada por:
- Presidenta: María Lemos Cerqueira (directora)
- Vogal 1: Berta Saavedra Fernández (mestra)
- Vogal 2: María Sala Penedo (nai)
- Vogal 3: Isabel Rial Carro (Persoal non docente)
NESTA RENOVACIÓN PARCIAL ELIXIREDES: 2 nais/pais que vos representarán no Consello Escolar durante un período de 4 anos. O Consello escolar está formado por 5 pais/nais, sendo un deles nomeado/a pola ANPA do centro. As outras dúas nais aínda van permanecer 2 anos máis ata que venza o período de 4 anos. A candidaturas elixidas serán nomeadas por un período de catro anos.
QUEN PODE SER CANDIDATO/A?: todos os pais, nais ou titores legais que teñan fillos/as matriculados/as no Centro e incluídos no Censo Electoral. O prazo de presentación de candidaturas empeza o día 30 de outubro e remata o 11 de novembro ás 10:00h. Os interesados/as deberán cubrir e asinar un impreso de candidatura que estará a disposición na secretaría do centro e presentalo na na mesma. Tamén se pode enviar mediante correo electrónico a cep.neira.vilas@edu.xunta.gal. A proclamación das candidaturas realizarase o día 12 de novembro nesta web. As diferentes candidaturas poderán enviar un enlace dun pequeno vídeo (non o vídeo) ou algún texto explicativo do seu programa por correo electrónico, que se publicará na web.
QUEN PODE VOTAR?: todos os pais, nais ou titores/as legais que teñan alumnos/as matriculados/as no Colexio e estean incluídos no censo que podedes consultar no taboleiro interior do centro do 29 de outubro ata o 8 de novembro ás 14:00h. Debedes comprobar se estades incluídos no censo e se os datos son correctos. De non ser así, é necesario facer a reclamación pertinente ata o día 8 de novembro. O voto será directo, secreto e non delegable. Terán dereito a voto tanto o pai como a nai do alumno/a, ou de ser o caso o seu titor legal. Para poder facer uso do seu dereito ao voto, deben acreditarse (DNI, pasaporte, carné de conducir, etc.).
ATRIBUCIÓNS DO CONSELLO ESCOLAR: O Consello Escolar é o órgano colexiado de control e xestión do centro que terá entre outras as seguintes competencias: a)Establece-las directrices e elaborar propostas para a elaboración do proxecto educativo do centro, ... b) Elixi-lo director do centro. c) Propoñer a revogación do nomeamento do director, .... d) Decidir sobre a admisión de alumnos... e) Aprobar e modificar o Regulamento de réxime interior do centro. f) Resolver os conflitos e impoñer as correccións con finalidade pedagóxica que correspondan a aquelas conductas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia no centro. g) Aprobar o proxecto de orzamento do centro ... h) Aprobar e avaliar a programación xeral anual do centro, respectando, en todo caso, os aspectos docentes que competen ó claustro...(e máis).
DATAS DE VOTACIÓN: A votación terá lugar na entrada do centro o martes día 19 de novembro, de 9:00h a 09:30h, de 13:30h a 14:15h, de 15:30h e 16:15h.
Este é un momento importante para a nosa comunidade escolar. A elección dos representantes no Consello Escolar é clave para asegurar que as voces de todos os pais e nais sexan escoitadas e consideradas. A vosa participación non só contribúe a fortalecer a nosa escola, senón que tamén axuda a crear un ambiente onde todos podemos colaborar para o benestar de toda a comunidade educativa.
Votar é un dereito e un deber que temos para influír nas decisións que afectan a educación dos nosos pequenos/as. Animámosvos a participar activamente neste proceso e a expresar a vosa opinión.
PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS/AS:
A xunta electoral fará público o listado de nais e pais que presentan a súa candidatura para as eleccións ao Consello Escolar:
RESULTADOS DAS VOTACIÓNS E COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR:
Non te perdas a oportunidade de coñecer os resultados do escrutinio do sector Pais/Nais/Titores Legais da composición do novo Consello escolar: simplemente fai clic na imaxe para visualizalos!