RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS ADSCRITOS DO 15 DE XANEIRO AO 5 DE FEBREIRO.
PARA O ALUMNADO DE CENTROS ADSCRITOS. |
Ábrese o prazo para facer a reserva de praza para o vindeiro curso 2024-2025 para o alumnado que procede de centros adscritos. ( No noso caso teñen que facer a solicitude o alumnado que está en 6º curso para 1º ESO no IES Terra de Turonio).
O prazo comprende dende o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro
Os impresos serán entregados ao alumnado.
IMPORTANTE: Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.
|
XORNADA DE PORTAS ABERTAS MARTES, 20 de febreiro ás 16:15 H Un ano máis dá comezo o proceso de admisión para o curso 2024-2025. Por iso o martes, 20 de febreiro ás 16:15h celebramos esta xornada informativa e un percorrido polo centro para o alumnado procedente do CRA Antía Cal e alumnado doutras parroquias que soliciten o centro. Esperámosvos!
Se tedes calquera dúbida sobre o acceso, admisión ou queredes información xeral podedes chamar no horario de secretaría de de 12:50 h. a 13:40 h. de luns a venres. |