MERENDAS SAUDABLES
Este terceiro trimestre damos comezo a un proxecto de merendas saudables que imos relacionar co proxecto do centro, o cine, para destacar a merenda estrela do día.
A merenda é un momento nutritivo importante no día e é fundamental tratar de prescindir de alimentos procesados, exceso de azucre...
Ademais de saudables é importante que sexan sostibles, evitando o uso de plásticos dun só uso, papel de alumnio...
A cantimplora e o taper son bos recursos para contribuír á redución de residuos.
O consumo de alimentos no cole brinda tamén a oportunidade de reflexionar sobre o saudable e sostible desde a rede de abastecemento ata o desperdicio de alimentos ou o tratamento dos residuos. Existen moitos ámbitos de mellora.
ENLACES INTERESANTES:
10 IDEAS DE BOCATAS DIFERENTES E SAUDABLES