Skip to Content

Descubrindo o norte na Universidade de Vigo. Fase práctica

O alumnado de 6º ven de desenvolver a fase práctica do proxecto "Descubrindo o norte" no campus da Universidade de Vigo. Como sempre, tivemos unha gran acollida e o alumnado gozou dunha experiencia única. A xornada da mañá comezou cos obradoiros no departamento de Física Aplicada da Escola de Enxeñería Industrial, onde todos fomos sorprendidos pola "maxia" da física. A continuación, da man da OMA (Oficina de Medio Ambiente), coñecemos a biodiversidade do campus. No Centro de Investigacións Biomédicas esperábanos todo un equipo científico para espertar a nosa curiosidade sobre os nanomateriales e as súas posibles aplicacións. Finalizamos o paseo científico coa presentación de biomateriales en CINTECX. No comedor da Minas, recuperamos as forzas necesarias para gozar dunha carreira de orientación, en colaboración co Servizo de Deportes, á que se uniron as familias do noso alumnado. No merendeiro do monte de Beade puxemos fin a unha xornada estupenda. Moitísimas grazas á Universidade de Vigo pola súa inestimable colaboración.

Vídeo Corto Galería fotográfica

Descubrindo os xogos pupulares. Xogos no Val Miñor

Hoxe compartimos unha xornada incrible cos "Xogos populares". 18 colexios do Val Miñor e o CEP Plurilingüe Igrexa Valadares como invitado, gozamos xogando e socializando en Gondomar. Foi o remate e posta en práctica da unidade de Xogos que estamos desenvolvendo nas clases de Educación Físca no colexio. Engádese o enlace á galería fotográfica e un pequeno vídeo como resumo da xornada.

Galería fotográfica

Descubrindo o norte na Universidade de Vigo

O próximo día 24 de maio, o alumnado de 6º visitará as instalacións do Campus Universitario de Vigo na que os a cultura, a formación, a actividade física e a socialización serán os protagonista. Nas seguintes iconas podedes atopar o programa de actividades previsto, algunhas orientacións básicas, así como  o itinerario para poder chegar ao aparcadoiro.

 O catedrático Pío González Fernández, do departamento de Física Aplicada coordinará os obradoiros científicos que acercará o apaixonante mundo da ciencia ao noso alumnado.  Da man dos seus  compañeiros de equipo de  investigación, Julia Serra, nos presentará os avances conseguidos no campo dos biomateriais, ámbito que no que ten gran progatonismo en España.

Doutra banda, Dª Mª José Cordero Ferradás e Dª Lorena Vázquez Iglesias, do equipo que dirixe Dª Isabel Pastoriza Santos no Centro de Investigación en Nanomateriáis e Biomediciña achegarán ao noso alumnado ao campo das nanopartículas, ese "inframundo" de ferramentas que son importantísimas no presente e o futuro da medicina.

A Oficina do Medio Ambiente (OMA) da Universidade nos guiará pola contorna do campus para coñecer un chisquiño mellor a súa biodiversidade.

E, finalmente, despois de tanto coñecemento, ben nos merecemos unha boa sesión deportiva. Nesta ocasión será a través do deporte de orientación, onde o Servizo de Deportes da Universidade colaborará connosco para que esta actividade sexa posible. Toda unha experiencia educativa.

parquing como chegar
Aparcadoiro Punto de encontro Programa Tríptico Información interesante Recomendacións

Previsións

meteorolóxicas

Descubrindo os xogos pupulares

Pere Lavega di que “Aproximarse ao xogo tradicional é achegarse ao folclore, á ciencia das tradicións, costumes, usos, crenzas e lendas dunha rexión. Resulta difícil disociar o xogo tradicional do comportamento humano, o estudo do xogo folclórico da etnografía ou a etoloxía.”

Os xogos populares, os tradicionais transmiten aos rapaces e rapazas numerosos valores en todos os ámbitos. A través destes xogos satisfán as necesidades básicas de exercicio, expresan as súas emocións, realizan os seus desexos e prepara, as súas imaxinacións cara o desenvolvemento de actitudes morais e maduración de ideas; é un medio para expresar e descargar sentimentos, positivos ou negativos, que axuda ao seu equilibrio emocional.

Ao longo do terceiro trimestre o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º aprenden e gozan na unidade de xogos populares e, ademais, o alumnado de 4º prepara o encontro que teremos o próximo xoves con outros 17 colexios en Gondomar para compartir unha xornada na que os xogos populares serán os protagonistas.

 

Letras Galegas 2024 - Luisa Villalta

LETRAS GALEGAS

 

2024

 

 

 

LUISA VILLALTA

 

Video sobre a biografía de Luísa Villalta feito polo alumnado e o profesorado de 5º do Colexio Pío X (Ourense)

 

 

 

 

 

 

 

Actividades aloxadas na páxina web do Seminario Galán

 

                      

 

                            

      

 

 

        

 

 

 

 

ACTIVIDADES ALOXADAS

EN

PRIMAVERA DAS LETRAS (RAG)

 

 

 

SOPA DE TÍTULOS VILLALTESES

 

 

 

 

 

 

Galicia nas chaves do tempo

 

 

 

Máis

 

Obras de Luísa Villalta

 

 

 

Encrucillado sobre Luísa Villalta

 

 

 

 

Completa con vogais

 

 

 

As chaves do tempo 1.1

 

 

 

 

Luisa Villalta 2

 

Descubrindo a Serra do Galiñeiro. Fase práctica co alumnado de 5º e as súas familias.

O venres, 10 de maio, o alumnado de 5º e as súas familias veñen de completar a xornada da fase práctica do proxecto "Descubrindo o norte" no monte do Galiñeiro. Foi unha xornada intensa e moi aproveitada na que alumnado, familias e equipo docente compartimos unha experiencia educativa completa onde o alumnado amosou o seu desenvolvemento competencial nos distintos ámbitos do coñecemento.  Pola mañá, da man de José Taboada e Basilio, fomos partícipes do proxecto "Lendo o monte" que leva adiante a Comunidade de montes de Vincios. Pola tarde, coa inestimable cooperación das familias do alumnado, desenvolvimos unha carreira de orientación e unha visita turística guiada polo alumnado de 5º na paraxe arqueolóxica "Auga de Laxe"

Todo isto sen a implicación activa e entusiasta de todos os participantes non houbera sido posible. Moitas grazas a todos. En 6º continuaremos.

Galería fotográfica Vídeo curto

Descubrindo o deporte de orientación

O deporte de orientación é a actividade que vertebra o noso proxecto “Descubrindo o norte”. Nel conflúe toda unha serie de competencias que axudan a sentar as bases do desenvolvemento físico, socio-emocional e cognitivo. Ao longo do curso estivemos traballando obxectivos e competencias lingüísticas, científicas, medio-ambientais, culturais, artísticas, lóxico-matemáticas e, por suposto, físicas. No que levamos deste trimestre estivemos traballando e adestrando este deporte, ademais de preparar os aspectos culturais que teremos que poñer en práctica dentro duns días na serra do Galiñeiro e no campus da Universidade de Vigo.

Galería fotográfica

Descubrindo a Serra do Galiñeiro

O alumnado de 5º xunto coas súas familias e os seus mestres e mestras compartirán unha xornada formativa, cultural, deportiva e lúdica o vindeiro venres, día 10 de maio na Serra do Galiñeiro (zona do merendeiro). Nas seguintes iconas podedes atopar o programa de actividades previsto , así como algunhas orientacións básicas e o itinerario para poder chegar ao punto de reunión. Esta actividade pertence ao proxecto Descubrindo o Norte, incluído no Plan Proxecta.

como chegar
Como chegar Recomendacións Programa Información interesante Previsións meteorlóxicas

NOTA: O mesmo que en anos anteriores, se o tempo o permite, o rematar a actividade, podemos merendar todos xuntos.

Distribuir contido


by Dr. Radut