Están máis que merecidas con todo o que traballáchedes este curso.
Para non esquecer todo o que aprendíchedes, indícovos algunhas actividades de repaso para comezar terceiro "a toda máquina". Tedes dispoñible Snappet durante o verán, así que deixo enviado traballo para ir facéndoo pouco a pouco.
MATEMÁTICAS
(Números ata 999)
Exercicios similares aos da libreta:
-Sumas e restas con levadas.
-Series ascendentes e descendentes (suma 4,resta 5…).
-Ordenar números de > e de <.
-Descomposición de números (C, D, U).
-Problemas sinxelos de sumas, restas e multiplicacións.
-Aprender ben as táboas de multiplicar…
LINGUA GALEGA E LINGUA CASTELÁ
-LER todos os días.
-Ordenar alfabeticamente unha listaxe de palabras.
-Pequenos ditados e copias (SEN FALTAS).
-Construción de frases a partir de dúas palabras dadas.
-Facer unha "ficha" sobre cada conto que ides lendo:título, personaxes, resumo, o que máis me gustou…
Lembrade sempre poñer nome,apelidos e data.
O que prefira, pode mercar un caderno de vacacións (da editorial Anaya coa que traballamos ou doutra que vós elixades).
Vémonos en Setembro!!!