A comparsa “Cómicos e saltimbanquis” amosou as súas habilidades xunto cos seus compañeiros e mestres. Aínda que a meteoroloxía non permitíu celebrar esta festa no torreiro, como facíamos outros anos, o colexio foi o noso escenario.
Forman parte desta actividade o ritmo, a expresión e comunicación corporal, equilibrios e coordinacións, que facilitan o desenvolvemento de conductas sociomotrices. Para desenvolver todos estes aspectos utilizamos diábolos, panos, pratos chinos, zancos, pelotas e aros de malabares, e todo acompañado por distintos ritmos musicais.
Con todos estes contidos, incluídos dentro do currículo escolar, se busca cambiar a tendencia respecto ás modalidades deportivas tradicionais (baseadas en modelos masculinos e para un tipo moi concreto de alumnado), e buscar motivacións novidosas entre o alumnado con implementación de metodoloxías actuais.
A Expresión Corporal sempre estivo presente no ámbito humano e dise que é a forma máis antiga de comunicación. Trátase dun elemento de desenvolvemento da imaxinación, da creatividade, do crecemento persoal. Música e movemento axudan ao noso alumnado a manifestar de forma desinhibida emocións, sensacións e esquemas rítmicos corporais que lle conducirán a coñecerse mellor, desenvolvendo condutas sociomotrices máis íntegras, profundas e intensas.
|
|
Video longo. 14 minutos |
Vídeo curto. 1.5 minutos |