Skip to Content

Os sentidos. 1º Educación Primaria

Descubrindo o sistima inmunitario coa Dra. Dª Mercedes Peleteiro Olmedo.

Dª Mercedes Peleteiro Olmedo, Doutora en Bioloxía, visitará o CEP Plurilingüe Igrexa Valadares o mércores día 29 de novembro, dentro do ciclo de conferrencias do proxecto Descubrindo o Norte. Actualmente é responsable do Servicio de  citometría de fluxo no Centro de Investigación Biomédica (CINBIO), da Universidade de Vigo. Ademais da súa faceta como  investigadora desenvólvese tamén no ámbito  da docencia e a divulgación científica.                                                                                                A Doutora achegará a Ciencia ao noso alumnado para que descubra a importancia da investigación científica de cara á salubridade e calidade de vida dos cidadáns.                                                                                                                 O sistema inmunolóxico, as vacinas, así como os hábitos de vida saudable protagonizarán o eixo central da conferencia. Tamén nos explicará como o feito de desenvolver hábitos rutinarios de actividade física mellora e fortalece o noso sistema inmunitario.

Nos seguintes enlaces atopares información interesante para entender mellor a conferencia.

Lecturas interesantes Mitos e lendas Os misterios do sistema inmunitario

 

 

O ritmo e a expresión e comunicación corporal

As posibilidades comunicativas, creativas e sociais que derivan do tratamento da Expresión Corporal, xustifican a importancia de traballar este bloque de contidos no marco escolar da Educación Física. A danza, formando parte da Expresión Corporal, preséntase como un contido con numerosos valores educativos que contribúe ao desenvolvemento da creatividade do alumnado, ao desenvolvemento das capacidades físicas e coordinativas, á mellora da expresión corporal, á socialización na aula e a unha educación rítmico-musical grazas ao coñecemento, práctica e valoración de diferentes tipos de bailes. O obxectivo principal deste traballo é presentar o contido danza dentro da Expresión Corporal no marco da Educación Física, incidindo nas posibilidades que ofrece para o traballo, desenvolvemento e mellora da socialización na aula e da capacidade creativa do alumnado a través do baile. (Inmaculada Gª Sánchez, revista "efDeportes.com")

Esta unidade didáctica está incluída dentro do proxecto "Cómicos e saltimbanquis" que culminará en febreiro coa creación da comparsa para o Entroido onde o ritmo e as actividades circenses teñen un protagonismo singular.

 

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

EXPOSICIÓN DE CABAZAS 2023

Cooperativa

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA RAPOCHÁ CURSO 2023-2024
 
 

Descubrindo o atletismo. 2º Primaria.

"Citus, altius, fortius". Con este lema, o barón Pierre de Coubertain, inauguró en Atenas os Xogos Olímpicos da Idade Moderna en 1896, onde o atletismo cobra un significado especial. A carreira, o salto e o lanzamento son accións presentes no atletismo e son base necesaria para calquera outro deporte. Doutra banda, O atletismo conleva beneficios físicos para o neno.É un deporte no que se desenvolve a forza, gáñase resistencia física e conséguese velocidade.Así mesmo, correr fai que mellore a capacidade pulmonar. Ademais das vantaxes físicas, o atletismo ten outras psicolóxicas: mellora a autoestima, o autocontrol, estabilidade emocional o cal redunda nun maior rendemento escolar xa que a actividade física en xeral, forxa o carácter, desenvolve actitudes inclusivas, mellora a empatía, a autoestima e a forza de vontade poñendo en valor actitudes como o esforzo, a constancia e o optimismo para alcanzar os obxectivos propostos. E todo iso respectando en todo momento aos adversarios. O proxecto “Descubrindo o norte” a través do programa Xogade programou a semana pasada unha xornada de iniciación ao atletismo da man de adestradores do Club de atletismo Beade con alumnado de 2º de educación primaria. Fito e Pablo foron os adestradores do club encargados de iniciar a estas nenas e nenos nestas actividades físicas.

OUTONO LITERARIO 2023

Un ano máis o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo de Biblioteca convoca a XVII Edición do concurso literario, este ano baixo o título "Na horta de Rapochá sementa e recollerás". Anímate a participar!

PREME NA IMAXE PARA VER AS BASES

«Pandilla Patatilla» - Samaín

Distribuir contido


by Dr. Radut