Contidos
Cuarto
Ola a tod@sss!!! Como estades???
Como van eses primeiros paseos autorizados logo de tantos días confinad@s???
Sabedes que día é mañá?? Si claro, 29 de abril!!! Pero sabedes que se celebra cada 29 de abril??
O DÍA DA DANZA!!!!
Coñecedes ao grupo Pesdelán? No noso cole temos dous traballos publicados por elas.
![]() |
Unha das componentes do grupo Pesdelán é Mercedes Prieto. Unha recoñecida mestra especialista de danza. Mercedes está desenvolvendo varios proxectos onde relaciona a danza coas matemáticas, coa arte, ... Mercedes é unha veciña nosa, natural da parroquia de Leirado, que actualmente vive en Salceda de Caselas.
Este ano tiñamos programado un proxecto chamado MUSE onde a través da danza e doutras artes iamos traballar varios aspectos pedagóxicos e de socialización e ela ía ser a artista que nos ía dar os obradoiros. Por mor desta situación houbo que adialo, agardo que poidamos levalo a cabo o vindeiro curso.
Pois mañá, Mercedes e @s súas compañeir@s de Pesdelán van facer un obradoiro de danza , dende o Salón do libro en Pontevedra virtual e vós poderedes danzar no salón das vosas casas.
Que maneira tan marabillosa de celebrar o día da DANZA. Menudo PLANAZO para mañá ás 12 do mediodía!!! FESTAAAAAA!!!!!
En nome de toda a Comunidade Educativa do CEP Carlos Casares, querémoslle dar as grazas e mandar unha aperta moi forte para Mercedes, por ter a deferencia de facernos este convite, persoal!!
Lembrade...mañá ás 12 do mediodía... TOCA DANZAR EN FAMILIA!!!!
Se vos apetece, podedes gravarvos e logo podemos facer unha montaxe.
Para participar tés qeu entrar no seguintes enlaces:
https://www.youtube.com/channel/UCKa4_z4e9ddQdC1eoprGcBA
Feliz domingo para tod@s!!!!!!!!! Teño unha boa noticia para vós, aínda que seguro que xa a sabedes... A partires de hoxe, poderedes saír á rúa a dar un paseíño acompañados dunha persoa adulta. A que estades todos supercontentos? Iso si, tedes que ter moito coidado e seguir unha serie de normas que o Oso Lambón vos vai explicar dunha maneira moi clara e divertida.
No arquivo que vos adxunto poderedes consultar unha guía con todas as pautas que tedes que seguir.
Unha aperta!!!!!!
Bo día nenos e nenas!!! Hoxe é 23 de abril, DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR. A semana pasada propuxemos, desde a biblioteca, a actividade COMPARTIMOS O QUE ESTAMOS A LER. Consistía en facer un debuxo do libro que estabades a ler poñendo o título e o nome do autor, e depois quitarvos unha foto con dito debuxo.
Deixamos os debuxos dos libros que compartístedes. Parabéns a Axel, Sara, Paula e Sergio de 2º e a Aarón, Iria, Marta, Mateo, Iván, Mauro, Yerai e Lois de 4º. Moi ben Lois e Paula, moitas grazas por incluirvos na foto como pedía a actividade.
Tamén vos deixo unha emotiva historia relacionada cos libros:pincha na imaxe
LOS FANTÁSTICOS LIBROS VOLADORES DE MR.MORRIS LESMORE.
Benquerid@s alumnado e familias!
Desde o claustro do CEP Carlos Casares decidimos realizar un pequeno vídeo para pórlle unha nota de cor a esta cuarentena e animarvos a que botedes unhas bailas connosco. A música corre a cargo da marabillosa banda compostelá Ruxe Ruxe.
Con moito cariño e desexos de que pronto volvamos camiñar unidas e unidos.
Bo día queridísima audiencia de Radio Saltamontes!
Como acabamos de pasar esta Semana Santa un tanto peculiar e temos algo de morriña das nosas festas tradicionais, esta semana traémosvos un programa emitido o 20 de febreiro polas nosas locutoras e locutores máis noveles, o alumnado de 1º curso!
Esperamos que vos guste tanto como a nós e desexamos que pronto poidamos celebrar de novo coa vosa compaña!
Ola queridos alumn@s de cuarto!!!!
Pasiño a pasiño, xa chegaron as vacacións de Semana Santa. Pero, esta non é a única boa noticia que vos teño que dar, hai outra que aínda vos vai gustar máis: ACABÁRONSE AS TAREFAS POR UNS DÍAS. Xa estou vendo as vosas caras de felicidade. Se cadra, algún ou algunha de vós igual as bota de menos. Se é así, non dubidedes en poñervos en contacto comigo que algo argallarei.
Vós veredes, pero eu recoméndovos que descansedes moooooito. Xa levades traballado dabondo ao longo destas tres semanas que levamos de aillamento. Agora toca cambiar o “chip”.
Aínda que non poidamos ir de viaxe real, podemos viaxar coa nosa imaxinación. Lémbrovos que unha boa maneira de facelo é a lectura, por iso vos recomendo que entredes no blogue da Biblioteca onde atoparedes varios libros para ler online e tamén algunhas actividades.
Os que aínda non participastes no Concurso de Fotografía Matemática podedes aproveitar estes días para buscar ideas, seguro que se vos ocorren moitas cousas. Non vos esquezades de enviar as vosas fotografías, cun título e un comentario, ao blogue do segundo ciclo.
Antes de despedirme de vós ata o día 14 de abril, quería agradecerlles ás vosas familias a súa comprensión e paciencia nestes difíciles momentos para todos. Sen a súa colaboración non sería posible sacar adiante este método de “teletraballo”, novidoso para moitos de vós.
Espero que pasedes unhas estupendas vacacións e que SEXADES MOI FELICES!!!!!
Unha aperta enorme da vosa titora, que vos bota moito de menos.
Montse
ACTIVIDADE PARA O DÍA MUNDIAL DO AUTISMO
Ola de novo nenos e nenas! Que tal vai ese proxecto sobre sobre o voso Concello? Espero vos esté servindo para coñecer moitas cousas que non sabiades das súas parroquias. Que tal se vos está a dar facer de guías turísticos? Seguro que, despois deste proxecto, calquera axencia de viaxe vos contrataría.
Pois hoxe non me poño en contacto con vós para mandarvos máis traballo. Hoxe teño un motivo ben distinto. O día 2 de abril, conmemórase o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. A cor que representa ás persoas con TEA, é a azul. Propóñovos para hoxe unha sinxela manualidade: que fagades un muiño de vento de papel (con cartolina ou folio azul ou, se non tedes, un folio branco coloreado) e o poñades nas vosas fiestras. Tamén podedes decorar con globos, pancartas, panos... Calquera cousa que se vos ocorra estará ben pero, recordade, ten que ser azul. Tamén podedes vestirvos con prendas de roupa desa cor.
Os nenos e nenas con autismo necesitan visibilidade, que todos coñezamos a súa realidade. O lema da campaña deste ano é "Podo Aprender. Podo Traballar". Ás nove da noite hai convocada unha quedada nas fiestras e balcóns na que so se teñen que ver as linternas dos móbiles acendidas. Non vos esquezades de saír para apoiar esta bonita iniciativa.
A continuación, déixovos un tutorial para facilitarvos a elaboración do muiño. Se premedes na imaxe, poderedes velo.
Unha aperta moooooi grande!!!!!!!!!!!
Seguen a chegar coloridos Arcos da Vella feitos polo alumnado de cuarto, recordándonos que "Todo Vai Saír Ben"
![]() ![]() |
|
|
HOXE OS APLAUSOS VAN POLOS NOSOS NENOS E NENAS
Hoxe, ás 18:00 da tarde, toca aplaudir polos nosos pequenos e pequenas, que tanto nos están demostrando nestes difíciles momentos. Non esquezades saír ás vosas fiestras e aplaudir ata que as mans vos doan.
Esta tarde os aplausos van por vós: por comportarvos como valentes, por quedarvos na casa, por non perder o voso sorriso e axudarnos a non perder o noso, porque facedes que nos sintamos orgullosos de vós, que nos estades dando aos maiores unha lección de solidariedade.
Unha aperta para todos e todas da profe Montse, que vos bota de menos.
O ARCO DA VELLA
Ao correo do segundo ciclo están chegando bonitos Arcos da Vella, para poñerlle cor a esta gris situación. Uns artistas estes nenos e nenas de cuarto.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
![RSS - Cuarto Distribuir contido](/centros/cepcarloscasares/misc/feed.png)