Contidos
Cuarto
O día 10 de abril o alumnado de 4º e 5º nivel foi invitado a participar na SEMANA DA CIENCIA que todos os anos organiza o IES Salvaterra de Miño.
Este ano, estaba adicada ao tema da alimentación a través dos tempos. Así, aprenderon cousas moi interesantes sobre o que comían as antigas civilizacións que poboaron o planeta. Pero tamén había outro tipo de experimentos e actividades: para que serve o composteiro, que é o BIG DATA, os encoros do Miño, papiroflexia... E todo moi ben explicado polos rapaces e rapazas do IES, que ademais, moitos deles foron antigos alumnos nosos. PARABÉNS! Un placer compartir esta xornada con vós!!
O pasado 9 de abril viñeron de Revitaliza Compostaxe a dar unha charla sobre compostaxe, que nos viu moi ben para saber como podemos poñer en marcha o noso composteiro. Como ao alumnado mais pequeno a charla se lles facía moito, trouxeron "O XOGO DA MIÑOCA", unha versión do xogo da oca para aprender moitas cousas sobre o tema da charla.
O PASADO 9 DE ABRIL TIVEMOS A HONRA DE QUE A ESCRITORA E POLIFACÉTICA MARÍA REIMÓNDEZ VISITARA O NOSO CENTRO. A SÚA VISITA ERA MOI AGARDADA POR TODAS NÓS. LEVABAMOS ANOS CON MOITAS GAÑAS DE PODER CONTAR COA SÚA PRESENZA. QUEREMOS DALLE AS GRAZAS, UNHA VEZ MÁIS, AS PERSOAS DA EDITORIAL XERAIS QUE FIXERON POSIBLE QUE O NOSO SOÑO, SE FIXERA REALIDADE!!!! ESTA VISITA, SEN A INSISTENCIA DA MESTRA PILAR, TAMPOUCO PODERÍA SER POSIBLE. GRAZAS A TOD@S!!!
Os nenos e nenas de 4º nivel estiveron investigando sobre grupos musicais que fixeran música para nenos en lingua galega, e hai un montón deles!! Estes son as súas recomendacións...
Para conmemorar o día da árbore, o grupo BARAFUNDA viu ao noso cole a interpretar unha pequena obra teatral para concienciarnos sobre o consumo responsable da auga. A esta obra asistiu o alumnado de 1º,2º e 3º nivel e gustoulles moitísimo. Facía unha calor tremenda e iso que estabamos en marzo!
Por se fora pouco todo o que facemos neste centro, ocorrreusenos montar un HORTO no patio da nosa escola coa axuda do Concello. Chamamos a un carpinteiro que nos puxo uns tablóns para delimitalo, e como nós todo o facemos ao grande, quedou ENORME!! Tamén trouxeron unhas pedras para facer uns camiños que entre todos fomos levando e colocando no sitio. As nosas mestras, solicitaron unhas xornadas de formación para poder axudarnos e resulta que lles dixeron que a época para plantar era agora, así nos puxemos mans á obra. Dividiron o horto en seis partes, unha para cada nivel, e alá que saimos todos por turnos a plantar os nosos produtos. Non sabemos que sairá do que plantamos, pero... imaxinade por un momento que todo vai para adiante, teremos fresas, leituga, escarola, chirivías (alguén viu unha algunha vez?) patacas, tomates... Nós vámolo coidar con moito cariño...
Prometemos invitar a merendar!!
Pero como nos gusta a nós o Club de Ciencia e as súas actividades!! Cada sesión nos sorprende mais!! Hoxe, dentro das actividades programadas, visitou centro O MAGO PACO, cun obradoiro metade ciencia, metade maxia. Pasámolo de marabilla e sorprendeunos moitísimo. Aprendimos cousas como a descomposición da luz en sete cores (e nós que pensabamos que era branca...), vimos como viaxaban as ondas do son, e ata nos convertimos nun cable humano!! Incrible, collendonos das mans conseguimos facer que un altofalante funcionara e emitise son!! Por arte de maxia adiviñamos o resultado dunha resta dificilísma e ademáis demos unha volta nunha montaña rusa 3D, superemocionante!
Que nos deparará a vindeira sesión?? Seguro que vai ser alucinante!!
O día antes do desfile é sempre un dos máis esperados por toda a comunidade educativa. É tradición que a ANPA nos convide a un chocolate ben quentiño con rosca e biscoito na hora do recreo que nos sabe a gloria pois sempre está boísimo e co frío que fai case sempre, imaxinade o ben que senta!! Despois ensaiamos todos xuntos a coreografía que se vai bailar ao día seguinte no desfile e por último, no patio de terra, lemos o testamento do meco e prendémoslle lume. Mentres se queima o meco, vámonos preparando para GRAN BATALLA DE FARIÑA! Cada un de nós leva un saquiño de fariña e tirámonola uns aos outros evitando a cara, deixamos o patio que parece que houbera unha hecatombe!!!
Xa estamos desexando que chegue o ano que ven!!
POR FIN DESFILAMOS COS NOSOS TRAXES!!! NON NOS DABA CHEGADO O DÍA!!!
PRIMEIRO, REUNÍMONOS COS DEMAIS COLES, O CRA A LAGOA E O CEIP DE LEIRADO, NA PRAZA DO CONCELLO, E DESPOIS, FOMOS DESFILANDO ATA O PARQUE DA CANUDA.
QUE GUAPOS ÍAMOS!!!!!
UNHA VEZ ALÍ, LIMOS O TESTAMENTO DO MECO E QUEIMÁMOLO (AO MECO), LOGO, A ANPA DEUNOS A MERENDA, QUE ESTABA RIQUÍSIMA!! INCLUSO HOUBO MOITOS QUE QUIXERON REPETIR BOCADILLO E POR ÚLTIMO FIXEMOS A NOSA ACTUACIÓN, QUE NOS SAIU ESPECTACULAR!!
O NOSO LEMA: O CONXURO DE ALXÉN
OS NEN@S DE 1º E 2º DE DIAÑOS
OS DE 3º E 4º DE CORUXAS.
OS NEN@S DE 5º E 6º DE MEIGAS.
DEIXÁMOSVOS AQUÍ UNHA PEQUENA RECOPILACIÓN DOS MELLORES MOMENTOS DESE DÍA. O ANO QUE VEN, MAIS!!
UN ANO MÁIS, O EDLG DO CEP CARLOS CASARES, COORDINOU A PARTICIPACIÓN NA ACTIVIDADE PROPOSTA POLA
AELG PARA HOMENAXEAR A NOSA POETISA MÁIS UNIVERSAL, ROSALÍA DE CASTRO.
NESTA OCASIÓN O LEMA ERA:
DO XIX AO XXI LIBRE O MEU PENSAMENTO.
CON ESTE LEMA PRETÉNDESE DAR VISIBILIDADE ÁS DENUNCIAS SOBRE AS INXUSTIZAS QUE XA DAQUELA FIXERA ROSALÍA E QUE AÍNDA HOXE SEGUIMOS A PADECER: A POBREZA, A EMIGRACIÓN, O DESAMPARO, A FAME, ...
A ALUMNADO DE 5º E 6º FIXERON ESTE PRECIOSO MURAL.
O ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º PARTICPARON NO PROGRAMA ESPECIAL DE RADIO, ROSALÍA DE CASTRO, NA NOSA EMISORA ESCOLAR, RADIO SALTAMONTES.
APETÉCEVOS ESCOITAL@S?
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »
![RSS - Cuarto Distribuir contido](/centros/cepcarloscasares/misc/feed.png)