Contidos
Cuarto
Aquí vos deixamos un vídeo onde Os Bolechas explican moi ben iso dos distintos xeitos de falar en galego. Esperamos que vos resulte interesante.
E chegou o día do Magosto no CEP Carlos Casares. Neste día facemos moitas cousas, que se o concurso do COCO-ALXÉN, que se o CIRCUITO DE XOGOS POPULARES, o SALTO DA FOGUEIRA, COMER CASTAÑAS, ben ricas, asadiñas por Manolo e Carmen (moitas grazas por estar con nós ese día)... Non damos para mais!! É un día de tolos, pero, sabedes que? É un dos mellores do ano, xunto co Entroido, as nosas caras xa o din todo como poderedes observar nesta pequena mostra do que ocorre ese día...
Como todos os anos, o día do magosto, tivo lugar o coñecido e esperado concurso COCO-ALXÉN, onde se premian as cabazas mais escalofriantes e terroríficas do cole. Este ano, dábase un premio especial a aquelas cabazas que tiveran relación co tema da exposición,O FOLCLORE. Durante os tres días previos ao concurso, enchéronse os corredores de cabazas "horrorosas e espantosas". O xurado o tivo moi complicado para escoller @s gañador@s. Mirade o vídeo para saber cales foron as cabazas gañadoras.
Moitas grazas por participar!!
Non hai cousa que guste máis neste cole que as manualidades e obradoiros. E para mostra un botón... Neste primeiro trimestre aprendimos papiroflexia, fixemos tarros de sal de cores, botellas da calma (que boa falta nos fan ) e como o tema da exposición deste ano é o folclore, fixemos a nosa versión caseira dunha gaita galega, non conseguimos que soara, pero quedaron ben xeitosas...
TODO O ALUMNADO E AS MESTRAS DO CEP CARLOS CASARES, QUEIXEMOS APOIAR E VISIBILIZAR O DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA O CANCRO DE MAMA, CELEBRADO O 19 DE OUTUBRO.
TODAS AS PERSOAS TROUXEMOS ALGUNHA PRENDA DE COR ROSA, A COR DO LAZO, QUE IDENTIFICA ESTA DATA.
O VINDEIRO LUNS, 24 DE OUTUBRO, INAUGÚRASE A BIBLIOTECA DO NSO CENTRO.
O ALUMNADO DE 4ºB FOI O ENCARGADODE ANUNCIALO COS CARTACES QUE CREARON ANA AULA DE INFORMÁTICA.
O ALUMNADO DE CUARTO, POR MOR DO PASAMENTO DE XOSÉ NEIRA VILAS, FIXERON UN PROGRAMA ESPECIAL DE RADIO.
SE TE APETECE ESCOITALO, PREME SOBRE A IMAXE
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »