Contidos
CHEGOU A SEMANA SANTA!!!!!! (CUARTO)
Ola queridos alumn@s de cuarto!!!!
Pasiño a pasiño, xa chegaron as vacacións de Semana Santa. Pero, esta non é a única boa noticia que vos teño que dar, hai outra que aínda vos vai gustar máis: ACABÁRONSE AS TAREFAS POR UNS DÍAS. Xa estou vendo as vosas caras de felicidade. Se cadra, algún ou algunha de vós igual as bota de menos. Se é así, non dubidedes en poñervos en contacto comigo que algo argallarei.
Vós veredes, pero eu recoméndovos que descansedes moooooito. Xa levades traballado dabondo ao longo destas tres semanas que levamos de aillamento. Agora toca cambiar o “chip”.
Aínda que non poidamos ir de viaxe real, podemos viaxar coa nosa imaxinación. Lémbrovos que unha boa maneira de facelo é a lectura, por iso vos recomendo que entredes no blogue da Biblioteca onde atoparedes varios libros para ler online e tamén algunhas actividades.
Os que aínda non participastes no Concurso de Fotografía Matemática podedes aproveitar estes días para buscar ideas, seguro que se vos ocorren moitas cousas. Non vos esquezades de enviar as vosas fotografías, cun título e un comentario, ao blogue do segundo ciclo.
Antes de despedirme de vós ata o día 14 de abril, quería agradecerlles ás vosas familias a súa comprensión e paciencia nestes difíciles momentos para todos. Sen a súa colaboración non sería posible sacar adiante este método de “teletraballo”, novidoso para moitos de vós.
Espero que pasedes unhas estupendas vacacións e que SEXADES MOI FELICES!!!!!
Unha aperta enorme da vosa titora, que vos bota moito de menos.
Montse