Unha das festas más agardadas no noso colexio é o ENTROIDO. Os nosos disfraces é un segrego que non vos podemos desvelar ata o día do desfile. Agardámosvos o 21 de febreiro polas rúas de Salvaterra. Para ir facendo boca, partillamos con vós os traballos que fixemos para decorar as nosas corticeiras. Gústanvos?
O pasado 30 de xaneiro celebrouse o "Día escolar da paz e non violencia". Na clase de Relixión estivemos traballando o conto "A POMBA DONA PAZ". Dona paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo , nunha casiña ben linda. Cando amañece vai pasear para ver que cousas pasan no mundo, pero o que viu non lle gustou nada. Todo o que viu foron problemas, inxustizas e abusos; viiu xente que non tiña nada e durmía na rúa e outros moi ricos aos que todo lles sobraba;viu os mares cheos de lixo e as fragas queimadas; viu fábricas onde fabricaban armas e a xente que fuxía das guerras, da fame e as miserias, mulleres maltratadas... por iso decidíu falar con todos os nenos e nenas do mundo para que reflexionasen sobre todo aquilo quenon transmite paz e que deben cambiar. Gustounos moito este conto. Non esquezades pasar pola biblioteca e lelo.
OS nenos/as de primeiro e segundo fixemos a pomba dona Paz. Mirade que chulas nos quedaron. os nenos/as de sexto fixemos a nosa propia versión do conto.
O 17 de xaneiro o alumnado de 4º curso inauguramos a rolda de programas de Radio Saltamontes que este trimestre versarán sobre os nosos padriños e madriñas de aula. Neste caso, o noso padriño de aula é Agustín Fernández Paz.
Non perdades detalle sobre as curiosidades máis interesantes da súa vida e obra!