Feliz domingo para tod@s!!!!!!!!! Teño unha boa noticia para vós, aínda que seguro que xa a sabedes... A partires de hoxe, poderedes saír á rúa a dar un paseíño acompañados dunha persoa adulta. A que estades todos supercontentos? Iso si, tedes que ter moito coidado e seguir unha serie de normas que o Oso Lambón vos vai explicar dunha maneira moi clara e divertida.
No arquivo que vos adxunto poderedes consultar unha guía con todas as pautas que tedes que seguir.
Bo día nenos e nenas!!! Hoxe é 23 de abril, DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR. A semana pasada propuxemos, desde a biblioteca, a actividade COMPARTIMOS O QUE ESTAMOS A LER. Consistía en facer un debuxo do libro que estabades a ler poñendo o título e o nome do autor, e depois quitarvos unha foto con dito debuxo.
Deixamos os debuxos dos libros que compartístedes. Parabéns a Axel, Sara, Paula e Sergio de 2º e a Aarón, Iria, Marta, Mateo, Iván, Mauro, Yerai e Lois de 4º. Moi ben Lois e Paula, moitas grazas por incluirvos na foto como pedía a actividade.
Tamén vos deixo unha emotiva historia relacionada cos libros:pincha na imaxe
LOS FANTÁSTICOS LIBROS VOLADORES DE MR.MORRIS LESMORE.
O 23 de abril celébrase o día do libro e en moitos lugares fanse actividades especiais para conmemorar este día. Tamén para os nenos, con talleres de lectura, contacontos, teatro infantil, ilustración de libros...Pois nós, os que queirades, tamén o celebraremos!!
Desde o claustro do CEP Carlos Casares decidimos realizar un pequeno vídeo para pórlle unha nota de cor a esta cuarentena e animarvos a que botedes unhas bailas connosco. A música corre a cargo da marabillosa banda compostelá Ruxe Ruxe.
Con moito cariño e desexos de que pronto volvamos camiñar unidas e unidos.