Pois seguimos coas manualidades! Desta volta, aquí vos deixo o terceiro capítulo, xa veredes que auténticas obras de arte. De seguro que algún de vós se acaba adicando á pintura, á escultura ou, incluso, á arquitectura...
Como xa vos comentei o luns, esta semana imos levar a cabo a nosa primeira videoconferencia. Para que vos sexa máis doada a entrada, aquí vos deixo un titorial coa ruta que tedes que seguir para unirvos.
A data concreta, o horario e o enlace enviaréivolo polo abalarmóbil esta mesma tarde. Se, chegado o momento, algún de vós ten atrancos para poder entrar, enviádeme un correo ao segundo ciclo (que o vou ter aberto) e intentaremos solucionalo.