O venres 18 de outubro chegamos cun novo programa de Radio Saltamontes da man dos nenos e nenas de 4º curso.
Como non podería ser doutro xeito, trátase dun programa moi sabedeiro, con grandes protagonistas como os nosos produtos máis preciados:pan, pementos, tortilla, percebes, longueirón… Para todos os gustos e cores!
Así que por precaución, recomendamos facer a escoita co bandullo ben cheo e…. Bo proveito!
Desde inicio de curso, o alumnado e o mestrado do CEP Carlos Casares, estamos aunando esforzos para facer da nosa escola, un lugar máis divertido se cabe!
É por iso que, como seguramente xa sabedes, na pista frontal do centro están a pintarse unha serie de coñecidos xogos popularescomo o Twister e o Truco, só que... en realidade aumentada!
Así, brochazo tras brochazo, e paseniñamente, imos aumentando a paleta de cores do noso centro e moi moi pronto, vamos a poder gozar todas e todos nós, de novas opcións lúdicas, alén dos xogos de sempre!