Ao longo deste curso, no noso cole fixemos varias sesións relacionadas cos experimentos, englobadas dentro do proxecto do Club da Ciencia. Na primeira sesión, levada a cabo o 13 de febreiro fixemos dúas actividades ben divertidas dos que vos deixamos algunhas fotiños:
O alumnado de terceiro participou no Concurso de Fotografía Dixital Matemática convocado polo IES de Salvaterra de Miño. Estas son algunhas das fotografías que enviamos:
Como todos sabedes, cada aula do CEP Carlos Casares está apadriñada por un autor/a da literatura galega. No caso de terceiro nivel, a nosa madriña é Mila Oya, da cal lemos o libro "Onk, un ourive nas estrelas" e afondamos un pouco na súa vida e obras.
Como xa sabedes, esta ano o Día das Letras Galegas foi adicado ao autor Antonio Fraguas. Pero o alumnado de 4º nivel fixo un pequeno percorrido polas orixes da celebración deste día e polos autores que foron homenaxeados dende o ano 2014, ano no que estes nenos/as comezaron nesta escola.