Hoxe, día 16 de maio celebramos na nosa escola o día das letras galegas cun fermoso festival onde participou todo o alumnado do centro.
Durante estas últimas semanas os nenos e nenas de todos os niveis estiveron preparando, con axuda das súas mestras, as súas actuacións. E por fin chegou o día do estreno. Ás 11 da mañá daba comezo o festival. Se volo perdestes, aqui vos deixamos unha pequena mostra para poñervos os dentes longos e que o vindeiro ano veñades a vernos!!!
O pasado xoves día 9 de maio, o alumnado de 3º e 4º nivel realizou unha visita polo concello de Salvaterra de Miño para coñecer de primeira man unha parte dos servizos que nos ofrece. Primeiro visitamos o Concello, onde fomos recibidos por, nada mais e nada menos que polo alcalde!!! D. Arturo Grandal, despois demos unha volta polo interior do edificio, vimos o seu despacho, onde se piden os permisos de obras e de festas, pasamos polo despacho de xuventude e asistencia social e vimos dende onde se envian todas as cartas do concello.
Unha vez rematada a volta polo interior, fomos a visitar a Policía Local, alí Mariano nos contou como é o seu traballo diario e como se chega a ser policía entre outras moitas cousas.
Dando un paseo rápido (pois empezaba a chover) achegámonos ás Covas de Dona Urraca, alí estableceuse o Museo do Viño visitamos da man das guías Sonia e Rocío que, con moita paciencia nos explicaron como se fai o viño, quedaron abraiadas de todo o que nós xa sabiamos!!! (non lles dixemos que xa fixeramos un proxecto sobre o viño hai uns anos, ).
Chegou o turno da merenda, atopamos un sitio á cuberto para tomar o bocadillo e menos mal porque... COMO CHOVÍA!! e ao rematar visitamos a comisaría da Policía Nacional. Tomámonos as huellas dactilares, falmos polos walkies, deixáronnos o detector de metais, e fuchicar no coche todo o que quixemos e mais!!! Tamén baixamos ao calabozo, que gusto que non había ninguén dentro!!! Dende aquí queremos agradecer aos policías que nos atenderon a súa paciencia, portáronse xenial con nós e ata un deles se deixou entrevistar por Ariadna!!!
Como xa sabedes, o día 23 de abril celebrouse o DÍA DO LIBRO, pero... Sabedes por que se escolleu esta data? E de quen foi a idea desta celebración? Non? Pois o alumnado de terceiro ten a resposta a estas preguntas e nolo contan neste programa de radio especial. Non deixedes de escoitalo para descubrir estas e outras curiosidades.
Actividade de sendeirismo programada para o alumnado de 4º, 5º e 6º nivel.
Percorrido: Ponte Internacional de Tui, Paseo fluvial, alameda de santo Domingos, Veiga do Louro e ponte medieval, EDAR (Guillarei), Paramos, Baldráns e balneario de Caldelas.
O obxectivo desta actividade é conxugar a actividade física e o coñecemento do medio nos seus aspectos ambientais, culturais, arquitectónicos e históricos,
O alumnado fai a senda organizado en cinco grupos nos que van misturados alumnos/as dos tres niveis. Cada grupo vai acompañado por unha mestra e mentras fan o percorrido deben ir completando unha serie de preguntas e actividades que hai no caderno de campo que lles foi entregado ao comezo da ruta.
Aqui podedes ver o caderno do que vos falamos.
Queredes ver algunha imaxe da andaina? Aqui vos mostramos algunha, a verdade é que as caras do inicio non teñen nada que ver coas do final, pero ainda así mereceu a pena polo ben que o pasamos...