Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

Axudas, Biblioteca, Dinamización Lingüística, Entroido, Matrícula, Nadal, Paz, PEC, Plan Dixital, Revitaliza, Samaín, Transporte

RUTAS DE TRANSPORTE ESCOLAR

 LIÑA 1 (A Caeira - Manuel del Palacio)

 LIÑA 3 (Juan B. Andrade)

 LIÑA 4 (Reiriz)

 LIÑA 5 (Mª Victoria Moreno)

 LIÑA 6 (A Parda)

Segundo a orde do 12 de marzo de 2013 o alumnado con garantía de permanencia no centro docente que non teña que formalizar matrícula, deberá manifestar expresamente mediante escrito dirixido ao mesmo dende o 1 ao 10 de xuño que solicita usar os servizos de transporte escolar.

IMPORTANTE!! O alumnado matriculado no CEIP Xunqueira 2 do curso 2016/2017 en diante, só terá dereito a transporte escolar aquel alumnado que pertenza á zona de influencia do centro.

Os usuarios lexítimos (que vivan a máis de 2 km dentro da área que corresponde ao centro por zonificación) poderán perder ese dereito de non facer uso continuado do mesmo. O resto de usurarios poderán facer uso do transporte en precario (poderían perder o dereito de aparecer un usuario lexítimo). Ver instrución 1/2022 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería.

MATRÍCULA CURSO 2024-25

Prazo para formalizar a matrícula:

Do 20 ao 30 de xuño de 2024. (Se non se formaliza no prazo establecido, pérdese a vacante adxudicada e perderase a praza escolar do centro educativo no que estaba matriculado anteriormente).

- As solicitudes deberán ser entregadas xunto coa documentación solicitada na secretaría do centro. (IMPORTANTE: No centro NON se fan fotocopias).

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA A PRESENTAR NO CENTRO:

- Anexo III (ORDEN de 21 de octubre de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, de 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos), Enquisa sobre a lingua materna. Proporcionaremos desde o centro esta documentación para cubrir no momento da formalización da matrícula.

Ao fin de facilitar o proceso de matriculación poñemos á vosa disposición o anexo III para que poidades descargalo e traelo xa cuberto e asinado  ao centro. LEMBRAMOS QUE É NECESARIA A SINATURA DE AMBOS PROXENITORES NO CASO DE QUE AMBOS OSTENTEN A PATRIA POTESTADE.

Anexo III  

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmesonvento/?q=system/files/u9/AnexoIIIform.pdf

- 5 fotos recentes tamaño carné. (Poñer por detrás o nome)

- Fotocopias dos DNI nai/pai/titor ou representante (s) legal.

- Volante histórico de convivencia (solicitar no Padrón municipal).

- Fotocopia del libro de familia (todas as páxinas escritas). No caso de non presentalo no momento da admisión.

- Fotocopia da cartilla ou tarxeta da Seguridade Social do alumno.

- Informe médico cando padezan algunha situación especial de saúde: enfermidade crónica, alerxia a algún alimento ou medicamento ...

- Certificado de matrícula no 2023/24 cando veñan doutro centro.

- Só se se dera o caso: Documento Custodia Legal, Sentencia e Convenio regulador).

- Só se se dera o caso: Fotocopia Certificado de minusvalía.

 

Non fai falta volver a achegar a documentación entregada durante o proceso de admisión.

Para calquera dúbida ao respecto do proceso de matrícula pode consultala no centro ou ben empregando as seguintes vías de contacto:

 

 @email: ceip.xunqueira2@edu.xunta.gal                                Teléfono: 886 159 073

 

 

SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR 2024/2025

Bos días familias,
Hoxe entrégaselle ao alumnado a folla de solicitude de transporte escolar para o vindeiro curso 2024/25. O prazo de entrega desta solicitude é ata o 10 de xuño.
Devolverase unha copia con data de entrada como xustificante.
Grazas.

IMPRESO SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR

IMPORTANTE!! O alumnado matriculado no CEIP Xunqueira 2 do curso 2016/2017 en diante, só terá dereito a transporte escolar aquel alumnado que pertenza á zona de influencia do centro.

Os usuarios lexítimos (que vivan a máis de 2 km dentro da área que corresponde ao centro por zonificación) poderán perder ese dereito de non facer uso continuado do mesmo. O resto de usuarios poderán facer uso do transporte en precario (poderían perder o dereito de aparecer un usuario lexítimo).

 

FONDO LIBROS 2024/25

Segundo a Orde de 7 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación escolar en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

Obxecto:

Adquisición de libros:  e  de EP.

Material escolar de toda E.P (1º, 2º, 3º, 4º, 5º, 6º).

Fondo de libros de 3º, 4º de EP.

Requisitos:

Renda per cápita (ano 2022) (=o inf a 6000 euros... 6 libros +cheque material/ +6000 euros e = o inf a 10.000 euros.... 4 libros). No caso de 1º e 2º EP recibirán 240 euros (1º tramo renta) e 160 euros (2º tramo de renta).

Cuantía da axuda para adquirir material escolar para o alumnado matriculado en EP será a seguinte: renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros: 75 euros; renda per cápita igual ou inferior a 10.000 euros: 60 euros.

- Calquera renda con dicapacidade 65%.

- Alumnado en garda ou tutela da Xunta.

 

Documentación cando se autoriza a consulta de datos:

1. Solicitude única por familia de todos os irmáns matriculados no mesmo centro educativo.

2. Fotocopia do libro de familia de todas as páxinas onde figure o nome de calquera dos membros da familia compurables a 31 de decembro de 2022 (orixinal e copias).

Se é o caso:

- Sentencia xudicial de separación ou divorcio ou convenio regulador.

- Certificado ou volante de convivencia.

- Grao de discapacidade.

Só se presentará unha única solicitude para todos os irmáns que estean matriculados nun mismo centro educativo.

Excepto a presentación electrónica, 1 por cada alumno.

A solicitude é única, inclúe libros de texto e material escolar.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2024 (este incluído).

21 DE MAIO ATA O 21 DE XUÑO DE 2024.

A solicitude de Fondo solidario de libros de texto NON está dispoñible para 5º e 6º de EP para o próximo ano xa que está instaurado o programa de libro dixital E-Dixgal. SI PODERÁN SOLICITAR O CHEQUE DE MATERIAL, sempre que se atopen no rango de Renda 2022 igual ou inferior a 6000 euros.

 

ANEXO I e II

LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2024/25

O alumnado que realizou solicitude no noso centro obtivo praza no mesmo para o curso 2024/25, excepto, as solicitudes de 5º de Educación Infantil por non dispor de prazas vacantes. Non obstante, as persoas interesadas en consultar as listaxes definitivas de admisión poden facelo no taboleiro interior do centro ou chamando ó número de teléfono 886159073.

 

DESFILE DE ENTROIDO 2024

O desfile do entroido terá lugar o venres 16 de febreiro as 10:30.

Este ano o alumnado e profesorado do CEIP A XUNQUEIRA adentrámonos no mundo da MAXIA. Dragóns, meigos, meigas, naipes e amuletos formarán parte da comitiva.

Convidamos a toda a comunidade educativa a que nos acompañedes durante o percorrido.

 

MANDADIÑOS 2024

Meco 2024:

 

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS PARA ESTE NADAL

Álbum: CURSO 2023/2024 -> Chegou o nadal a Biblioteca

25 N

No centro gritamos... NON máis violencia e SÍ máis  palabras de amor.

Álbum: CURSO 2023/2024 -> 25 N
Distribuir contido


Imaxe aleatoria

Concurso de postais de Nadal

Último álbum

by Dr. Radut