Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

Matrícula

MATRÍCULA CURSO 2024-25

Prazo para formalizar a matrícula:

Do 20 ao 30 de xuño de 2024. (Se non se formaliza no prazo establecido, pérdese a vacante adxudicada e perderase a praza escolar do centro educativo no que estaba matriculado anteriormente).

- As solicitudes deberán ser entregadas xunto coa documentación solicitada na secretaría do centro. (IMPORTANTE: No centro NON se fan fotocopias).

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA A PRESENTAR NO CENTRO:

- Anexo III (ORDEN de 21 de octubre de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, de 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos), Enquisa sobre a lingua materna. Proporcionaremos desde o centro esta documentación para cubrir no momento da formalización da matrícula.

Ao fin de facilitar o proceso de matriculación poñemos á vosa disposición o anexo III para que poidades descargalo e traelo xa cuberto e asinado  ao centro. LEMBRAMOS QUE É NECESARIA A SINATURA DE AMBOS PROXENITORES NO CASO DE QUE AMBOS OSTENTEN A PATRIA POTESTADE.

Anexo III  

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmesonvento/?q=system/files/u9/AnexoIIIform.pdf

- 5 fotos recentes tamaño carné. (Poñer por detrás o nome)

- Fotocopias dos DNI nai/pai/titor ou representante (s) legal.

- Volante histórico de convivencia (solicitar no Padrón municipal).

- Fotocopia del libro de familia (todas as páxinas escritas). No caso de non presentalo no momento da admisión.

- Fotocopia da cartilla ou tarxeta da Seguridade Social do alumno.

- Informe médico cando padezan algunha situación especial de saúde: enfermidade crónica, alerxia a algún alimento ou medicamento ...

- Certificado de matrícula no 2023/24 cando veñan doutro centro.

- Só se se dera o caso: Documento Custodia Legal, Sentencia e Convenio regulador).

- Só se se dera o caso: Fotocopia Certificado de minusvalía.

 

Non fai falta volver a achegar a documentación entregada durante o proceso de admisión.

Para calquera dúbida ao respecto do proceso de matrícula pode consultala no centro ou ben empregando as seguintes vías de contacto:

 

 @email: ceip.xunqueira2@edu.xunta.gal                                Teléfono: 886 159 073

 

 

LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2024/25

O alumnado que realizou solicitude no noso centro obtivo praza no mesmo para o curso 2024/25, excepto, as solicitudes de 5º de Educación Infantil por non dispor de prazas vacantes. Non obstante, as persoas interesadas en consultar as listaxes definitivas de admisión poden facelo no taboleiro interior do centro ou chamando ó número de teléfono 886159073.

 
Distribuir contido


Imaxe aleatoria

Maios

Último álbum

by Dr. Radut