Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

Biblioteca

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS VERÁN

Adxunto algunhas propostas de lectura para este  verán que fixen pensando nos superlectores da Xunqueira 2.

Agardo que vos gusten moito e que gozedes coa lectura.

 

BO VERÁN RAPACES!!!!!

 

Álbum: CURSO 2023/2024 -> RECOMENDACIÓNS LITERARIAS VERÁN

FINALISTAS DO CERTAME DE RELATO CURTO DA FAMPA 23/24

Este ano participouse no certame anual de relato curto organizado pola FAMPA de Pontevedra.

Dos participantes, dúas nenas do noso centro,co seudónimo de "Atrapasoños ", quedaron finalistas co relato curto "4:33" .Un relato realista que amosoa a forza da vida .

 

Parabéns rapazas !!!!

Álbum: CURSO 2023/2024 -> FINALISTAS DO CERTAME DE RELATO CURTO

DIPLOMA AOS MELLORES LECTORES

Rematamos o curso agasallando aos nenos que máis libros levaron prestados da biblioteca.

Levaron un diplomiña e un libro para ler no verán.

Grazas rapaces!!!!

Álbum: CURSO 2023/2024 -> DIPLOMA AOS MELLORES LECTORES

ENCONTRO CON ESCRITORES: David Rodríguez

 Os nenos de 2º ciclo tiveron a visita de David Rodriguez para falarlles de quen era esa superavoa que leron no seu libro.É un libro cheo de tenrura e de humor.

David veu acompañado da súa guitarra pra deleitarnos coas cancións que lle cantaba a súa avoa.

 

Os nenos disfrutarono moito.

Grazas David por compartir os teus recordos.

 

Álbum: CURSO 2023/2024 -> ENCONTROS CON AUTORES:David Rodríguez

ENCONTRO CON ESCRITORAS: Eva Mejuto

 A escritora Eva Mejuto visitou o noso centro para contarnos como escribira o seu libro," O día que choveron gatos". Unha historia de amor por estes felinos que está basada nun feito real que lle aconteceu a Eva nunha das plazas mais emblemáticas de Pontevedra como é a Plaza do Teucro. Os nenos disfrutaron da ledicia de escoitar a Eva e de comprobar como os gatos que saen na historia son de carne e óso xa que lles ensinou as imaxenes deles.

Foi unha charla moi divertida .Os rapaces quedaron abraiados do sinxelo que é contar unha historia que logo poden plasmar nun relato escrito.

Moita grazas Eva por compartir as túas vivenzas e a túa maestría  cos rapaces.

Álbum: CURSO 2023/2024 -> ENCONTRO CON AUTORES:Eva Mejuto

ENCONTRO CON ESCRITORAS: Andrea Maceiras

 Andrea Maceiras estivo no noso centro para falarnos do seu libro,"Alma de elefante" Unha preciosa  historia de crecemento e amor polos animais.Os rapaces de 5º disfrutaron da charla sobre o libro e fixeronlle moitas preguntas sobre os dous protagonistas,Suy e Lawen.

Andrea asinoulles os libros e agasallarona cunha infografía como muller máxica que é.

Grazas Andrea por compartir as túas verbas cos rapaces,foi unha ledicia escoitarte.

ENCONTRO CON AUTORES:Andrea Maceiras<br><br>

Álbum: CURSO 2023/2024 -> ENCONTRO CON AUTORES:Andrea Maceiras

DESPEDIDA DOS CLUBS DE LECTURA

Os clubs de lectura de 6º: Piratas da lectura e Devoradores de libros chegaron ao seu fin. Os rapaces fixeron unha valoración moi positiva da experiencia.

Fixemos un pequeno encontro para despedirnos e lles agasallamos cun diploma e uns dulces.

Esperemos que na súa nova andaina no instituto  sigan participando  nos clubs de lectura.

Boa sorte rapaces!!!!!

Álbum: CURSO 2023/2024 -> DESPEDIDAS CLUBS DE LECTURA

LETRAS GALEGAS : Chapas en homenaxe a Luísa Villalta

Para celebrar o gran día das letras galegas decidimos,sempre traballando co   equipo de Normalización, facer un concurso de chapas.Houbo unha gran participación pero tivemos que elexir  so unha. De todas elas votouse por  unha que representaba o sentir deste ano con Luísa Villalta, o retrato da homenaxeada saíu ganadora.

 O día 16 os 323 nenos do cole mais os profesores e o persoal non docente levou unha chapa para celebrar o gran día.

 

Álbum: CURSO 2023/2024 -> LETRAS GALEGAS: Chapas para homenaxear a Luísa Villalta

LETRAS GALEGAS: infografías

Os rapaces de 5º regaláronnos unhas infografías dos homenaxeados das letras galegas, dende Rosalía de Castro hasta Luísa Villalta. Un gran traballo onde os alumnos tiveron que investigar para obter a información,analizala e sintetizala para expoñela nas infografías.

Os traballos están expostos polos pasillos para que os compañeiros podan lelos e disfrutar deles.

Noraboa polo voso traballo!!!!!!

Álbum: CURSO 2023/2024 -> LETRAS GALEGAS: Infografías

Belas Artes na Xunqueira

A facultade de Belas Artes, a través dunha mestra e tres alumnas, acercaron aos nenos de infantil a percepción da arte dunha manera táctil.Os nenos disfrutaron tocando diferentes texturas que logo tiñan que plasmar nun mural feito con pinturas.

Unha moi boa experiencia para os nenos.

 

Álbum: CURSO 2023/2024 -> BELAS ARTES NA XUNQUEIRA
Distribuir contido


Imaxe aleatoria

sogama

Último álbum

by Dr. Radut