A nosa obra conecta coas distintas fases da vida e os seus límites que son relativos, xa que este fin pode ser o inicio dunha nova vida, de unha nova etapa, noutro lugar, noutro dono, noutra forma … buscando que non exista un fin.
Aquí os xoguetes representan a morte caendo cara unha nova vida, cara un novo sentido, un renacer. A caixa e as ventás representa un mundo interior que todos temos e que algúns mostramos con facilidade e outros non. As ventás son as que nos permiten ver cara adentro.