Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

 

Samaín

RELATOS CURTOS DE MEDO DE 4º

 Este ano houbo rapaces do segundo ciclo que participaron na confección  de relatos curtos de medo.Os relatos foron mi bos e como agasallo Fervelliño regaloulles un libro de lectura xunto cun diploma.

 

Moi ben rapaces,grazas por colaborar!!

Álbum: Sen categoría -> RELATOS CURTOS DE MEDO

DRAMATIZACIÓN: " OS VAMPIROS"

Este ano as bibliotecas estamos a traballar non so o  tema do cine senon  tamen o teatro.

Con tal motivo unha nenas de 6º dramatizaron unha das historias de samaín contadas no libro de Ramon Veiga,Medo me dá!.Un libro premiado polo seu humor e pola estética sinxela que emprega.

Fixerono moi ben e rimos moito coas súas interpretacións.

Moitas grazas rapazas polo voso traballo!!

Álbum: Sen categoría -> DRAMATIZACIÓNS POLO SAMAÍN

FAMILIAS CONTACONTOS

Un ano máis os pais animáronse a vir contar  historias de medo ao noso cole.

Historias de lobos, momias, morcégos...

 

Moitas grazas a todos vós por colaborar co centro.

 

 

Álbum: Sen categoría -> CONTACONTOS COAS FAMILIAS

XA VEN AÍ O SAMAÍN!!!!

O día 28 de outubro celebraremos no cole a festa de Samaín e o Magosto.

As castañas serán proporcionadas pola ANPA e asadas no cole por un castañeiro.

O alumnado poderá vir disfrazado e traer merenda típica destas datas (adoitan ser a base de cabaza e castañas, moi tradicionais as "chulas de cabaza").

Ademais queremos decorar con cabazas o centro polo que contamos coa vosa colaboración. As familias que queirades participar podedes decorar unha cabaza e achegala ao centro a partires do día 24.

O día 28 o alumnado levaraas de volta para casa, as que non se leven botarémolas no composteiro.

Distribuir contido


Imaxe aleatoria

sogama

by Dr. Radut