SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR 2024/2025
Bos días familias,
Hoxe entrégaselle ao alumnado a folla de solicitude de transporte escolar para o vindeiro curso 2024/25. O prazo de entrega desta solicitude é ata o 10 de xuño.
Devolverase unha copia con data de entrada como xustificante.
Grazas.
IMPRESO SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR
IMPORTANTE!! O alumnado matriculado no CEIP Xunqueira 2 do curso 2016/2017 en diante, só terá dereito a transporte escolar aquel alumnado que pertenza á zona de influencia do centro.
Os usuarios lexítimos (que vivan a máis de 2 km dentro da área que corresponde ao centro por zonificación) poderán perder ese dereito de non facer uso continuado do mesmo. O resto de usuarios poderán facer uso do transporte en precario (poderían perder o dereito de aparecer un usuario lexítimo).