Skip to Content

                                       

Esta semana escoitamos no noso timbre...

    

Aberto o prazo de inscrición para colaboradores de comedor curso 2024/25

Ata o 11 de setembro estará aberto o prazo para inscribirse como colaboradores/as voluntarios/as nas tarefas de atención e vixiancia no comedor escolar.

 O horario de atención de secretaría será de 10:00 a 14:00 d1 ao 15 de xullo e do 1 ao 11 de setembro

A documentación a entregar é a seguinte:

  • Solicitude de colaboración ANEXO III
  • Certificación negativa do Rexistro Central de delincuentes sexuais (acreditación de non ter sido condenado en sentencia firme por delitos sexuais).
  • NIF, ou no seu caso NIE
  • Certificación acreditativa dunha entidade financeira onde dispoñan de conta
  • Correo electrónico de contacto

O horario de comedor será de 14:40 a 15:50

A atención do comedor consistirá en atender o servizo de comedor do alumnado e o recreo escolar.

Percibirase unha cantidade económica trimestral polos gastos de dedicación e desprazamentos xerados pola colaboración, (12,50€ por día), así mesmo, lembramos o carácter non altruista da colaboración.

O persoal terá dereito á comida no centro de 14:00 a 14:40.

Solicitude comedor escolar curso 2024/25

  Estimadas familias, dende hoxe e antes do día 01/09/2024 poderedes solicitar o servizo de COMEDOR ESCOLAR para o curso 2024/25.

  O horario de atención de secretaría será de 10:00 a 14:00 do 1 ao 15 de xullo

  Documentación a presentar:

  • ANEXO II AUTODECLARACIÓN:
    • A totalidade de membros que perciban ingresos na unidade familiar autorizarán expresamente á consellería para consultar os datos de carácter persoal, de residencia e de rendaf que lle serán subministrados á Administración Educativa pola Administración Tributaria. Cruzaranse os datos con facenda no mes de outubro.
    • No caso de non autorizar á Administración Educativa os solicitantes deberán acreditalos ante o Consello Escolar mediante a presentación da documentación da declaración do IRPF.
    • Podedes facer o cálculo da Renda a través do seguinte enlace CALCULADORA.
    • Para solicitar o servizo de comedor haberá que estar ao día no pago do curso anterior
    • Deberán acreditar os ingresos de todos os membros da unidade familiar aínda que non tiveran a obriga de presentar a declaración da renda.
    • Os usuarios que non fagan uso do servizo coa frecuencia solicitada causarán automáticamente baixa do servizo, agás causas debidamente xustificadas.
    • A ausencia ao comedor escolar débese comunicar antes das 9:45 do día que deba ter efecto. Cando non se notifique en tres ocasións poderán ser suspendidos do uso do servizo durante 10 días.

FESTA FIN DE CURSO 2023/24

 

Para favorecer a organización do último día o alumnado non deberá traer a mochila. A merenda ese día correrá a cargo do centro. O día anterior (xoves día 20) xa levarán para casa todo o material.

Lembrade que o venres deberán traer roupa cómoda e calcetíns

Bolsas complementarias ao estudo do Concello de Lalín 2024/25

As bolsas están dirixidas a:

  • O alumnado do segundo ciclo de educación infantil
  • Educación primaria
  • Educación secundaria
  • Ciclos formativos de grado básico

Financiarase con cargo ao presente programa a adquisición de (con carácter non exhaustivo):

  1. Libros de texto.
  2. Material escolar funxible : cadernos, folios, cores, lapis, bolígrafos, carpetas, tinta de impresora, .....
  3. Material complementario: compás, estoxo, regras, mochilas, libros de lectura, pendrive,.....
  4. Material deportivo: chándal, tenis, camisetas, calcetíns,.....
  5. Roupa de abrigo e calzado.

As solicitudes e demais anexos están dispoñibles:

  • Na sede electrónica do Concello de Lalín: lalin.sedelectronica.gal/info.0
  • Presencialmente:  na recepción do Concello e da Concellería de Política Social ( 2ª planta)

O prazo estará aberto dende o día 11/06/2024 ata o día 01/07/2024 ambos incluídos.

 

Servizo de Biblioteca polas tardes

Lembramos que no mes de XUÑO non haberá servizo de biblioteca polas tardes

AXUDAS PARA OS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024/25. FONDOLIBROS

Segundo a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B).

  • FONDO SOLIDARIO  de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º  e 6º de Educación Primaria. Para acceder ao fondo solidario deberán devolver antes do 21 de xuño os libros recibidos do fondo solidario no curso 2023/24 en perfecto estado, quedando excluído desta devolución o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.
  • AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS de texto para o alumnado matriculado en 1º, 2º de Educación Primaria e en EE, tamén aquel alumnado de NEAE que a xuizo do centro docente non poida empregar o material didáctico existente no colexio.
  • AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR destinadas ao alumnado de EP e EE.  

 PRAZOS DE ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN NO CENTRO·  

  • Devolución dos libros do curso 2023/2024: ATA O 21 DE XUÑO (este incluído)
  • Presentación de solicitudes: ATA O 21 DE XUÑO (este incluído)
  • Publicación do listado provisional: 1 DE XULLO
  • Reclamacións: 2 E 3 DE XULLO
  • Publicación de listado definitivo: 4 DE XULLO 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:   os modelos de solicitude obteranse por vía electrónica na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) e unha vez cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude e posteriormente optarán por dúas formas de  presentación:

  • Presentación no centro: imprimir solicitude e o anexo II, asinala e entregala coa documentación acreditativa.
  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://www.sede.xunta.gal)  

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Formulario ED330B (ANEXOS I E II)
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 da orde da convocatoria, achegarase un certificado ou volante de convivencia no que deberán figurar o alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
  • No caso de separación ou divorcio, sentencia xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor
  • Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
  • Resolución xuficial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada
  • Resolución administrativa ou xudicial da acreditativa da situación de acollemento
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos SS.SS ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que os proxenitores ou titor/a legal carezan de DNI e NIE.
  • Copia DNI ou NIE do solicitante e dos membros computables da unidade familiar.

OBRIGAS:

  • Ter devolto os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2023/2024 en bo estado.
  • Conservar en bo estado os libros de texto e material reutilizable.
  • Destinar o importe do vale a adquirir os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.
  • Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

 

O alumnado de Educación Infantil non ten que solicitala.

O alumnado de 6º de Ed. Primaria ten que solicitala no IES que lle corresponde, ao ter EDIXGAL só teñen que solicitar a axuda para material escolar e non para libros de texto.

A solicitude será única para todos os fillos/as.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2024/25

 Está publicada a listaxe definitiva de admitidos para o curso 2024/25 e non admitidos.

Podedes consultala:

  • Presencialmente: No taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
  • Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

Listaxe provisional admitidos para o curso escolar 2024/25

 Está publicada a listaxe provisional de admitidos para o curso 2024/25 e non admitidos.

Podedes consultala:

  • Presencialmente: No taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
  • Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

Poderáse formular reclamación do 26 de abril ao 3 de maio (ambos inclusive)

Becas acneae curso 2024/25

O día 30 de abril ábrese o prazo para solicitar as becas para o acneae. Dito prazo rematará o 13 de setembro de 2024.

Tedes toda a información no seguinte enlace:

BECAS ACNEAE 2024/25

Distribuir contido


by Dr. Radut