O 25 de novembro conmemórase o día contra a violencia de xénero e a nosa escola únese á campaña "En negro contra a violencia machista".
O luns 26, celebraremos un acto para manifestar o noso compromiso firme para conseguir un mundo máis igualitario e xusto. Faremos un recitado de poemas e cantaremos a canción de Rozalén, "A porta violeta" acompañada de linguaxe de signos.
Este é só un ensaio dos alumnos/as de 6º de EP, que serán os encargados de abrir o acto.