PROXECTO DA BIBLIOTECA ESCOLAR: VIAXAMOS A ITALIA
As actividades programadas dende a aula de música para desenvolver este proxecto son as seguintes.
Canción-xogo Ciao, Belinda. Cantamos en italiano e galego.
Ciao, ciao, ciao Belinda (x3) vuoi ballar con me?
Dammi la mano destra, Belinda (x3) vuoi ballar con me?
Dammi la mano sinistra, Belinda (x3), vuoi ballar con me?
Dá unha volta enteira comigo (x3), ven comigo
Dáme as dúas mans Belinda (x3), ven comigo a bailar
A canción popular italiana Bella ciao. Foi un himno da resistencia italiana contra o fascismo e os nazis durante a Segunda Guerra Mundial. Volveuse moi popular e foi traducida a moitos idiomas
Nós cantamos a versión de Talco, a Banda punk italiana orixinaria de Marghera, Venecia. Cun son contudendente, con moita presenza de instrumentos de vento e que recorda bastante á música de circo e folk. Aproveitamos para coñecer con máis detalle os instrumentos de vento.
Stamattina mi sono alzato
O partigiano, portami via, E se io muoio da partigiano, O bella, ciao! bella, ciao! bella, ciao, ciao, ciao! Tutte le genti che passeranno, |
Esta mañá, eu espertei O bella, ciao! bella, ciao! bella, ciao, ciao, ciao! Esta mañá, eu espertei e descubrín ao invasor Oh partisano, leva a miña vida E se eu morro como partisano O bella, ciao! bella, ciao! bella, ciao, ciao, ciao! Todas as persoas que pasen |
Proba a tocala coa frauta
AUDICIÓNS -
As 4 estacións de Vivaldi
GUILLERMO TELL de Rossini
A ópera - A Traviata
A tarantela é unha danza popular procedente do sur de Italia con carácter moi vivo.
Conta unha antiga lenda que durante a Idade Media se pensaba que bailala curaba un tipo de tolemia producida pola picadura da tarántula a maior araña do mundo.