As orixes
O Ceip Vilar de Barrio comenzou a funcionar no ano 1977, o ano da chegada da democracia ó Estado Español. O Delegado de Educación, Don Avelino Nespereira foi o encargado de cortar a fita oficial e alí estaban presentes os mestres e mestras, os primeiros alumnos e alumnas e todos os veciños e veciñas de Vilar de Barrio. Foi todo un acontecemento, xa que puña fin ó esparexemento escolar nas diferentes escolas unitarias do concello.
Nun primeiro momento tiña unha matricula de 260 alumnos e alumnas tendo que realizar as comidas de mediodía en dúas tandas.
Dende os primeiros cursos o edificio foi sufrindo varias modificacións, cerrouse un dos patios cubertos aproveitando o espacio para a construcción dunha aula de usos múltiples.