A Porca

Este xogo practicábase sobre todo no inverno mentras se coidaba o gando.

Elementos: un pao (moca), feito tradicionalmente de uceira e unha bola(a porca) de madeira dura. O campo terá tantos buratos coma xogadores menos un repartidos en círculo arredor dun central de maior tamaño (Santo).

O porqueiro tenta introducir a porca no santo e o resto dos xogadores tratan de afastala o mais posible. Se conseguise introducila, todos ten que cambiar de burato, momento en que o porqueiro tratará de apoderarse dun destes buratos, deixándolle o seu posto ó que quede sin el.

Cando un xogador ten a moca metida no burato non hai problema pero senón o porqueiro pódello roubar pasando él a ser porqueiro.