IV Festival Santa Icía 2017

Durante esta semana celebramos no cole o "IV FESTIVAL SANTA ICÍA: A FAMILIA EN CONCERTO" con actuacións musicais todos os días en Infantil e Primaria. Esperamos que o disfrutedes!

Para ver o PROGRAMA de actuacións no edificio de PRIMARIA, prema AQUÍ.

Para ver o PROGRAMA de actuacións no edificio de INFANTIL, prema AQUÍ

Para ver máis información no blog "Vales Musical", prema na imaxe.

O CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U. FELICITA AO VALES VILLAMARÍN

D. Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, remitiu unha carta de felicitación ao CEIP Francisco Vales Villamarín polo recente Premio a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2017.

“A adquisición continua de novas competencias ao longo de toda a vida e a capacidade de estar abertos a novos retos constitúen activos de máxima importancia, neste mundo globalizado e en cambio constante.”

“Parabéns porque o voso quefacer diario contribúe a dar visibilidade ás boas prácticas docentes e a fomentar que máis centros leven adiante programas que incentiven novas formas de pensar, novas metodoloxías de ensino e novas ferramentas.”

“Gustaríame que transmitiras as felicitacións ao conxunto do alumnado e do profesorado participante no proxecto, porque uns centros en permanente formación representan unha peza clave para facer máis grande ao sistema educativo.”

OS NENOS E NENAS DE 4º DE PRIMARIA VISITAMOS O PASATEMPO

O pasado 30 de setembro, os alumnos de 4º de primaria, acompañados polas súas titoras, fixeron unha saída ao Pasatempo.

Foi unha visita guiada, na que dous historiadores betanceiros, Adrián e Daniel, lles transmitiron algunas curiosidades e moita información sobre o noso parque enciclopédico.


O PASATEMPO

NOVAS DA BIBLIOTECA

O Equipo de Biblioteca fixo unha selección de recursos dixitais para axudarvos na investigación sobre a Idade Media.http://pdi-valesvillamarin.blogspot.com.es/2017/10/recursos-dixitais.html

 

Idade media, by bibliotecavales

Tamén tedes dispoñibles novas sobre recomendacións de libros , a actividade de Lectura compartidas e os primeiros traballos feitos por distintos cursos sobre a Idade Media.

 

 

O VALES VILLAMARÍN, PREMIO A PROXECTOS DE FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO 2017

O noso colexio, o CEIP FRANCISCO VALES VILLAMARÍN, obtén, segundo a resolución provisional, o Premio a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2017

Para ler máis sobre este tema, prema na imaxe ou aquí.

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Para conmemorar o día das bibliotecas abrimos a exposición permanente sobre a Idade Media. 
A nosa biblioteca comeza a transformarse nunha sala medieval que nos inspirará e facilitará os recursos para acadar os obxectivos propostos no  PDI deste curso Medie"VALES".
Estades todas e todos invitados!!
 

 



Ó longo destas semanas celebraranse as sesións de formación de usuarios de todos os niveis coa posterior entrega de carnés.

O VALES, SELECCIONADO PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA "INTRODUCIÓN Á ROBÓTICA EDUCATIVA EN PRIMARIA"

 

Imagen relacionadaO CEIP Francisco Vales Villamarín foi seleccionado para participar no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria".

 

Convocatoria.

Resolución.

Listaxe de centros admitidos.

 

 

 

 

ATREVÍMONOS!

Hoxe, 4  de outubro, conmemórase o Día Mundial da Parálise Cerebral, e grazas a ASPACE Coruña  achegámonos a persoas con parálise cerebral para coñecelas. 

O alumnado de 5º EP do noso centro participou das actividades organizadas con motivo de dita conmemoración englobadas dentro das numerosas actividades programadas en torno ao 40 aniversario da asociación.

Comezamos a semana cunha interesantísima charla sobre o que é a Parálise Cerebral e cómo son as persoas con dita discapacidade. Xogamos e disfrutamos con eles e preparamos os nosos desexos de futuro, que hoxe compartimos con toda a comunidade no acto organizado  na praza Irmáns García Naveira, mentres escoitábamos o manifesto lído por Eliseo e Jorge e colaborábamos en pintar unha fermosa balconada agasallada ao Concello pola asociación. 

href="http://www.aspacecoruna.org/dia_mundial_paralisis_cerebral_yomeatrevo.html">Pinchade na imaxe para ver a noticia

Grazas a Jorge, Yago, Chon. Eulogio ... e a todas as persoas de ASPACE Coruña por contar connosco neste fermoso día. Desde o Vales desexamos que os vosos soños se fagan realidade e estamos convencidos de que TOD@S XUNT@S poderemos alcanzalos.

 

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS DE TEXTO 2017-2018

Para ver a listaxe definitiva de fondo de libros de 3º e 4º de E. Primaria, prema na imaxe.

 

Resultado de imagen de libros de texto 17-18

 

O alumnado de 5º e 6º de E. Primaria NON TEN QUE MERCAR NINGÚN LIBRO.

PROXECTO E-DIXGAL

Resultado de imagen de edixgal

O CEIP Francisco Vales Villamarín foi seleccionado para participar no Proxecto E-dixgal a partir do próximo curso 2017-2018.

Convocatoria.

Centros seleccionados.

 

 

 

Distribuir contido