ATREVÍMONOS!

Hoxe, 4  de outubro, conmemórase o Día Mundial da Parálise Cerebral, e grazas a ASPACE Coruña  achegámonos a persoas con parálise cerebral para coñecelas. 

O alumnado de 5º EP do noso centro participou das actividades organizadas con motivo de dita conmemoración englobadas dentro das numerosas actividades programadas en torno ao 40 aniversario da asociación.

Comezamos a semana cunha interesantísima charla sobre o que é a Parálise Cerebral e cómo son as persoas con dita discapacidade. Xogamos e disfrutamos con eles e preparamos os nosos desexos de futuro, que hoxe compartimos con toda a comunidade no acto organizado  na praza Irmáns García Naveira, mentres escoitábamos o manifesto lído por Eliseo e Jorge e colaborábamos en pintar unha fermosa balconada agasallada ao Concello pola asociación. 

href="http://www.aspacecoruna.org/dia_mundial_paralisis_cerebral_yomeatrevo.html">Pinchade na imaxe para ver a noticia

Grazas a Jorge, Yago, Chon. Eulogio ... e a todas as persoas de ASPACE Coruña por contar connosco neste fermoso día. Desde o Vales desexamos que os vosos soños se fagan realidade e estamos convencidos de que TOD@S XUNT@S poderemos alcanzalos.