ENTROIDO
O equipo de Dinamización da Lingua Galega súmase ás celebracións do Entroido, por iso, convidamos a todos os pais e nais que queiran participar a que nos mandedes as vosas receitas de cociña das comidas típicas desta época do ano. Seguro que facedes unhas cousas riquísimas! Cando as recopilemos poñeremos fotos dos rincóns "NO VALES, EN GALEGO", xa veredes que "deliciosos" quedan.
Pero...
Sabedes de onde ven esta festa ancestral? Cales son os lugares de Galicia onde se viven máis estas datas? Pois picade AQUÍ e descubrirédelo!
Sen dúbida esta é unha das festas máis divertidas do ano, sobre todo para os máis pequenos da casa, son uns días onde se permite "case todo" (como ben recolle a sabedoría popular), pero tede coidado porque:
Tamén é a despedida dos días curtos e fríos como tamén nos ensinan os nosos ditos:
Moitas das festas paganas coma esta coinciden cos festas de tipo relixioso, neste caso cando remata o Entroido comeza a chamada "Cuaresma" unha etapa que a igrexa describe como de recollemento espiritual na que non se pode comer carne:
Para saber máis cousas sobre o Entroido en Galicia picade AQUÍ. (Esta é a páxina da COORDINADORA GALEGA DOS EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA)
Agora que xa sodes uns expertos en "entroidadas" deixamósvos uns xogos. Disfrutádeos moito e "falade un pouco galego, se non queredes perdelo!".
Primeiro, o puzzle do peliqueiro (pica na palabra "puzzle" para facelo)
Segundo, a ver que guapo vos queda disfrazado Winnie de Pooh! (Picade AQUÍ para xogar)