Teño bos amigos e amigas pero se de algo estou agradecida é de "ser amiga" de MUDAR-E. Esta asociación de recente creación ten como finalidade mellorar a nosa escola a partir da formación rigurosa e científica do profesorado e o traballo e reflexión en equipo. Se queredes máis información sobre este proxecto podedes pinchar aquí.
Non hai dúbida da importancia do xogo na infancia e que o mellor xeito de aprender é xogando. O desenvolvemento psicomotor, cognitivo, afectivo-emocional e social estimúlase a través do xogo. Compañeiros e compañeiras da Asociación MUDAR-E facilintan interesantes recursos para facilitar no noso alumnado un axeitado desenvolvemento desde o xogo educativo. Moitas grazas por compartir coñecementos e experiencias.
Pinchar no enlace para acceder. Nesta páxina podedes atopar recomendacións de xogos por cursos ou asignaturas moi interesantes.
CEL, Recopilación de experiencias de xogos de mesa nas aulas. Pinchade aquí para acceder.
Neste manual podedes atopar unha análise xogos de mesa recomendados. Pinchade para acceder aquí.
E un iteresante blog "PROYECTO ENSEÑANDO A JUGAR, APRENDER JUGANDO". Pinchade aquí para acceder.