VISITA A CASA DAS CIENCIAS E AO PLANETARIO

Os nenos e nenas de 2º desprazámonos ata Coruña para visitar a Casa das Ciencias e o Planetario. Alí aprendimos algúns dos misterios que agocha o Espazo e coñecimos un pouco máis o lugar de onde ven o noso amigo o Principiño.

 

CASA DAS CIENCIAS E PLANETARIO on PhotoPeach

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

O martes, 27 de novembro de 2018, entre as 16:30 e as 18:30, na entrada principal do Edificio de Primaria, estará instalada a mesa electoral para a votación  da renovación parcial da representación de nais, pais ou titores legais no Consello Escolar, tal e como consta no calendario aprobado pola Xunta electoral de conformidade co establecido na Resolución do 25 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG, 08/10/2018)

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO NO EDIFICIO DE INFANTIL

No edificio de Infantil contamos cun novo número de teléfono: 881880234

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Resultado de imagen de eleccións consello escolar

De conformidade co establecido na Resolución do 25 de setembro de 2018 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 08/10/2018), a XUNTA ELECTORAL deste centro, en virtude das atribucións que lIe son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar nos distintos sectores.

CONVOCATORIA SECTOR DE NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS

CONVOCATORIA DO PROFESORADO

CONVOCATORIA DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

 O Censo pode consultarse na Secretaría do colexio

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Para ver a circular que anuncia a renovación do Consello Escolar, prema na imaxe

Resultado de imagen de consello escolar

O vindeiro 31 de outubro, ás 13’00 horas, realizarase  na sala do profesorado,  o sorteo público para a designación de membros que, xunto co director, integrarán a Xunta Electoral: un profesor ou profesora, un pai, nai ou titor legal de alumno e un representante do persoal da administración e servizos, así como os suplentes dos mesmos.

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS

Arranca o PDI  " Vales para o futuro" cunha exposición de fotografías sobre natureza, ciencia e tecnoloxía e o espazo.

Aproveitando o 75 aniversario da publicación do "Principiño" de Antoine de Saint Exupery, lembraremos como eran moitas cousas nesa época, como son agora e como poden ser no futuro.

A exposición será o punto de partida para reflexionar sobre como queremos que sexa o noso futuro, que podemos facer para melloralo, que sucederá se non facemos nada,...

Comeza a viaxe cara o futuro.....

 

CIRCULAR INICIO DE CURSO 2018-2019

Para visualizar a circular de inicio do curso 2018-2019, con información importante para a comunidade educativa, prema na imaxe.

Resultado de imagen de INFORMACION FAMILIAS

NOVO CURSO

Un novo curso comeza e con el novas ilusións e proxectos. Este curso que empezamos 2018/2019 temos entre mans un novo Proxecto Documental Integrado. Continuando a viaxe comezada hai dous anos, primeiro en globo a distintos países do mundo, logo adentrándonos na idade media, este ano imos cara o futuro.

Da man de "O Principiño" de Antoine de Saint-Exupéry o cole sumérxese no "Vales para o futuro".

Aquí vos deixo os murais de benvida dos edificios de Infantil e Primaria cara unha nova aventura.

  Edificio de Infantil

 

Edificio de Primaria

 

Distribuir contido