ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
O martes, 27 de novembro de 2018, entre as 16:30 e as 18:30, na entrada principal do Edificio de Primaria, estará instalada a mesa electoral para a votación da renovación parcial da representación de nais, pais ou titores legais no Consello Escolar, tal e como consta no calendario aprobado pola Xunta electoral de conformidade co establecido na Resolución do 25 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG, 08/10/2018)