O MAGO ANTÓN NO VALES

O alumnado de Primaria gozou co espectáculo de Maxia do Mago Antón.

VISITA AO CIEC

CIEC on PhotoPeach

ACTIVIDADES VOZ NATURA

Estes días nenos e nenas de 5º de Infantil, de 1º e de 2º de E. Primaria, levaron a cabo actividades relacionadas co medio natural.

Os de infantil ensináronlle aos de 2º o que aprenderon sobre as plantas que teñen no xardín do seu cole. Os de primeiro asistiron a unha representación teatral do grupo de teatro da Fundación Abanca.

Se queredes ver todo o que fixeron non dubidedes en visitar o blogue de Voz Natura!!

 

http://ahortademero.blogspot.com/

DÍA DA DANZA

Hoxe conmemórase o Día da Danza, unha homenaxe ao francés Jean-Georges Noverre, bailarín e profe de ballet, coñecido coma o pai do ballet moderno. Nenas e nenos de 1º e de Infantil tivemos a sorte de gozar cun espectáculo de baile onde nenas do cole representaron varias pezas de ballet, baile moderno e flamenco.

CARREIRA SOLIDARIA

Nenos e nenas dos distintos colexios e institutos de Betanzos, acompañados dos seus mestres e familiares, participaron onte nunha nova edición da "Carreira Solidaria". Esta carreira ten como obxectivo a axuda aos demáis. Nesta ocasión a actividade promovía dúas causas: unha a recollida de alimentos para Cáritas e Cruz Vermella e outra a recadación de cartos para a loita contra o meduloblastoma.


Moitas grazas a todos e todas por facelo posible un ano máis!!

 

CARREIRA SOLIDARIA on PhotoPeach

CAMPAÑA SOLIDARIA

Se vostede quere colaborar na iniciativa "LUCHANDO CONTRA EL MEDULOBLASTOMA" que promove un alumno do noso colexio, pode facelo de dúas formas:

1. Entrando na dirección e facendo directamente a doazón.

https://solidarios.criscancer.org/fundraisers/luchando-contra-el-meduloblastoma2

 2. Ingresando na conta do Banco Santander, cconcepto "CORUÑA".

ES4600490627992410719675

EXPOSICIÓN REFLEJARTE

O día 22 de marzo o CEIP Fco. Vales Villamarín participou na Exposición "REFLEXARTE: REFUXIOS SENSORIAIS", do programa Educación Responsable, celebrada na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. A Consellería de Educación e a Fundación Botín, responsables da iniciativa, reuniron aos once centros de nova incorporación ao Programa para expoñer os resultados dos seus proxectos. No noso centro, o "REFUXIO DE RECORDOS E SOÑOS" levouno a cabo o grupo de 2º C de primaria, en colaoración coas familias. Queremos agradecer a quen contribuíu a unha mañá tan intensa en Santiago e convidar ao goce do espazo creado para todo@s!!

 

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

DESFILE ENTROIDO

Despois de estar preparando o Entroido durante toda a semana cos mandados do Meco, tivemos un bo remate co desfile. Este ano a temática da festa foi a través do conto do Principiño: ovelliñas, baobabs, volcáns, rosas, estrelas, principiños, astronautas, aviadores e aviadoras, raposas e raposos, marcianos e marcianas, mulleres científicas e a guerra das galaxias tiveron cabida no Pasatempo ao son da charanga NBA. Aquí vos deixamos unha mostra...

 

 CLICA AQUÍ PARA VER AS ACTIVIDADES DE INFANTIL

 

Distribuir contido