Skip to Content

ENTROIDO 2015

Como cada ano, a Curuxa vainos mandar os seus MANDATOS para este ENTROIDO 2015. 

Este mandato cambia cada día, así que procurade estar moi atentos!

 

AÍNDA QUE Á CURUXA NON SE LLE NOTE

O XOVES DÍA 12 

TI VIRÁS CON BIGOTE!!

 

SE Á CURUXA NON VES,

O MÉRCORES DÍA 11

VÉN CON ALGO DO REVÉS!

 

SE Á CURUXA QUÉRESTE PARECER,

O MARTES DÍA 10

 

ALGO NO PESCOZO DEBES TRAER!

 

SE COMO A CURUXA QUERES VOAR,

O LUNS DÍA 9

ALGO NA CABEZA DEBES PORTAR!

Día da PAZ 2015

Hoxe, 30 de Xaneiro de 2015, conmemoramos no noso centro o DÍA DA PAZ.

 

Ademais de diversas actividades que traballamos ó longo da semana, como aprender unha canción coa súa coreografía, como a elaboración dunha árbore feita con sal de cores, na que lle puxemos as pegadas das nosas mans tamén en cores, etc., hoxe, despois do tempo de recreo, xuntámonos todos/as na entrada do centro para cantar a canción "I've got peace in my fingers" (xa vos ensinaremos o vídeo próximamente!).

 

A continuación, na biblioteca, vimos o vídeo que fixemos ó longo da semana na que os nenos/as do colexio definimos o que é para nós a PAZ. Podedes ver o vídeo rematado pulsando aquí. Gustounos moito!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Finalmente cantamos outra canción-karaoke en inglés e demos por rematada a celebración conxunta do Día da PAZ.

FELIZ ANO 2015

Dende o C.E.I.P. Plurilíngüe de Tirán desexámosvos un Feliz Ano 2015 cargado de bos desexos e soños por cumprir.

Recordámosvos tamén que as clases se retomarán o vindeiro xoves día 8 de Xaneiro de 2015 no seu horario habitual.

MAGOSTO

Este venres 7 de novembro do 2014 celebraremos no noso centro o tradicional MAGOSTO

Despois do recreo, realizaremos diversos e divertidos xogos populares no que a CASTAÑA é a nosa protagonista!!

E a partires das 13 horas, acompañarannos tamén as nais/pais no centro para degustar as castañas xa asadas!!

COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2014-2015

Hoxe, mércores 10 de setembro, demos comezo a un novo curso escolar 2014-2015 no CEIP Plurilíngüe Tirán no horario habitual de 9:30 horas a 14:30 horas.

Ademais de comezar o curso con moita ilusión e moitas ganas, queremos dar a benvida ós novos alumnos/as que se incorporaron este ano ó noso centro, así como destacar a incorporación de novo profesorado que nos aportarán novos coñecementos e experiencias.

Desexamos que sexa un bo curso escolar para todos/as, e recordarvos que o horario de titoría segue sendo os martes de 16 a 17 horas.

Libros de texto 2014-2015

XA TEDES A VOSA DISPOSICIÓN, NO APARTADO DE SECRETARÍA, O LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA ESTE CURSO 2014-2015.

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

           excursion

finemptydeemptycurso

               

                                    PREME AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS

FIN DE CURSO

                         boaemptysorteempty

                 

       EXCURSIÓN A ALLARIZ

                                                  

                               PREME AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS

AUXILIAR CONVERSACIÓN

                          byeemptybye

 LAURENT PAULSEN

Laurent, we'll miss you next year


We'll see you in California


         Thanks a lot!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut