Skip to Content

Os recreos saudables

No noso centro, e seguindo o noso proxecto deportivo de centro, imos vendo cambios nos nenos/as. Proba diso son os nosos recreos onde agora existe unha diversidade de xogos. Podemos afirmar que noso alumnado disfruta do seu tempo de lecer. Véxanse as imaxes a continuación:

-- patio inferior: mitade da pista, balonmano; a outra metade, fútbol. Na herba, salto á comba. A pista de salto de lonxitude estaba mollada, polo que hoxe non se usou.

-- patio superior: brilé na pista de voleibol, badminton na zona de herba, e baloncesto no pequeno espazo tapado onde os baños.

-- zona de columpios: espazo de interación e de tertulia entre o noso alumnado máis tranquilo.

 

PATIO SUPERIOR

PATIO INFERIOR

ZONA DE COLUMPIOS

 

BO NADAL 2016

Rematadas as clases do 1º trimestre, e tras a xornada de onte onde o noso alumnado interpretou as xa tradicionais Panxoliñas de Nadal, acompañadas, un ano máis, pola visita dos Reis Magos e da popular Chocolatada (organizada pola ANPA Madreboa do noso centro), o claustro de mestres/as do CEIP Plurilíngüe de Tirán...

DESEXÁMOSVOS UN BO NADAL E UN FELIZ ANINOVO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA!

(Preme nas imaxes para descargalas con máis calidade)

       

Recomendacións de lectura en galego para este Nadal 2016

Como ben sabedes, chegado o Nadal, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do noso colexio, en coordinación cos equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, achegámosvos unha guía de lecturas recomendadas, sempre en galego, por se queredes agasallar con libros e contos.

Entre as recomendacións, temos, entre outros moitos autores, libros de Agustín Fernández Paz e de Carlos Casares.

Premede nas imaxes para visualizar/descargar os trípticos para Infantil e Primaria!

Disfrutade lendo nestas datas!

A "Milla Saudable" de Tirán na televisión

O mércores 23 de novembro, a canle televisiva "La Sexta" visitou o noso centro, para coñecer máis de preto en qué consiste a nosa "Milla Saudable".

E onte martes 6 de decembro, nos telexornais do mediodía e da tarde saíu publicada dita noticia en antena. Deixámosvos aquí o enlace por se a queredes ver. Non a perdades! Enlace á noticia --> premer aquí. 

 

E o martes 13 de decembro foi o turno de "V-Televisión". Esta canle, pertencente ó grupo "La Voz de Galicia", veu para saber máis da nosa "Milla", coñecer o percorrido e as opinións do noso alumnado e dos mestres respecto a esta nova iniciativa. Neste telexornal da noite, vése moi ben ós nosos nenos/as, e incluso algúns participan diante do micrófono. Qué grande experiencia estar diante dunha cámara!

Podedes ver o enlace a continuación. O avance da noticia está no minuto 3'30'' e o groso da noticia a partires do minuto 20'35''.

Merece a pena, non a perdades!

Enlace á noticia de V-Televisión --> premer aquí.

A MILLA SAUDABLE na radio

Onte domingo, as 12 da mañá, na cadena Ser, falaron de nós e da nosa MILLA SAUDABLE.

Nesta reportaxe participa parte do noso alumnado e o mestre de Ed. Física (e Xefe de Estudos) Felipe.

Quéresnos escoitar? Preme aquí.

25-N contra a Violencia de Xénero

Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos no noso centro o "Día internacional contra a Violencia de Xénero".

Durante toda a semana (e ó longo de todo o curso transversalmente), traballamos aspectos relacionados con este día, valores e actitudes, contos, preparamos unha canción, etc.

A maiores, hoxe a nosa MILLA SAUDABLE foi especial. Ademáis de contar coa presenza de todo o equipo de educación infantil (nenos/as e mestre/as), percorremos a nosa distancia diaria e aproveitamos para adornar o itinerario con tartarugas con mensaxes (etapa de infantil), con noticias dos xornais relacionadas coa violencia de xénero, así como outros traballos, contos e frases-lemas relacionados. Quedou moi bonito!

Despois de facer esta fermosa actividade todos xuntos, reunímonos no vestidor do centro, e todos xuntos cantamos a canción de Bebe "Ella" como broche final a dita celebración. Todos os nenos e nenas do centro, xunto co claustro do mesmo, portamos un lazo morado durante todo o día, como unha manifestación máis de este día tan importante.

Dende o CEIP Plurilíngüe Tirán, animamos a toda a comunidade educativa a percorrer durante a fin de semana a nosa MILLA xunto cos seus fillos e fillas. Deste xeito poderán ver todo o exposto (parte do traballo levado a cabo durante a semana), na que os seus fillos/as explicarán orgullosos o que eles/elas fixeron. Os traballos permanecerán expostos ata o vindeiro luns que serán retirados para deixar limpo o monte.

 

Imaxes por un día da MILLA SAUDABLE

Imaxes tomadas a semana pasada durante o transcurso da nosa "MILLA Saudable"

 

 

 

A Milla diaria

Este fin de semana o noso centro saíu na prensa!

Nesta ocasión, os artigos falan de "una milla contra la obesidad".

No noso centro educativo, implantamos dende o comezo deste curso escolar, "A MILLA diaria", incluida dentro do noso proxecto educativo de centro.

Se queredes ler os artigos, podedes facelo nos seguintes enlaces:

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2016/11/11/milla-obesidad/1568017.html 

http://www.atlantico.net/articulo/vigo/colegio-practica-milla-diaria-obesidad/20161113004750558398.html

NOVOS XOGOS

Dende hai uns días, no tempo de lecer, no noso patio escolar, os nenos e nenas do noso colexio están a disfrutar de novos xogos!

O noso auxiliar de conversa, Cameron, ensinounos a xogar ó Frisbee, e ben que nos gustou!

E dado que xa temos nova pista de salto de lonxitude, algunhas nenas e nenos dedicanse a practicar esta modalidade deportiva!

Distribuir contido


by Dr. Radut