Skip to Content

Fin de curso 2016/2017

23/06/2017 14:30
Europe/Madrid

O venres 23 de xuño de 2017 rematará o curso escolar 2016/2017.

FESTIVAL FIN DE CURSO

22/06/2017 12:00
Europe/Madrid

O vindeiro xoves 22 de xuño de 2017 celebraremos no noso centro educativo o "Festival de fin de curso", como broche final a este curso escolar 2016/2017.

A hora ainda está por confirmar, pero supoñemos que na media mañá comezará o acto. Xa vos informaremos coa debida antelación!

Excursión fin de curso Ed. Primaria

16/06/2017 09:30
Europe/Madrid

O venres 16 de xuño, as nenas e nenos da Educ. Primaria nos imos de excursión de fin de curso 2016/2017.

Excursión fin de curso Ed. Infantil

06/06/2017 09:30
Europe/Madrid

O martes 6 de xuño, as nenas e nenos do 2º ciclo da Educ. Infantil nos imos de excursión de fin de curso 2016/2017.

RECETARIO DE LEGUMES

Aquí vos deixamos o RECETARIO DE LEGUMES elaborado pola comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Tirán, en colaboración co proxecto de Voz Natura deste ano no colexio na que se traballaron as legumes.

 

Esperamos que vos guste e que elaboredes estes platos tan ricos e saudables!!

 

(Premer na imaxe para visualizar e/ou descargar)

Menú de xuño 2017

Xa tendes dispoñible o menú deste mes de xuño 2017.

(Para visualizalo ou descargalo, premer na imaxe)

DESPEDIDA DE KAMERON

Hoxe despedímonos todos xuntos do noso auxiliar de conversa KAMERON, que nos acompañou na case totalidade do curso escolar!

Con él compartimos bos momentos e axudounos moito na nosa pronunciación oral como noutros outros aspectos, tanto nas clases de English coma nas de Natural Science! Foi un gran apoio para todos nós!

E o noso agasallo foi un libro con debuxos nosos e dedicatorias, así como unha pequena curuxa de cerámica para que sempre nos teña moi presente!

Desexámoslle o mellor!

RECEITAS DE LEGUMES

Seguindo o noso proxecto de VOZ NATURA 2016/2017 na que coñecemos máis de preto as LEGUMES (características, propiedades, e outros datos de interese), pedímosvos a vosa colaboración para, entre toda a comunidade educativa, elaborar un recetario de cociña na que as legumes sexan protagonistas ou, no seu defecto, un ingrediente máis dentro das recetas enviadas.

Para iso, tendes que descargar o documento de word anexo, cubrilo, e enviárnolo ó seguinte correo electrónico tic.ceip.tiran@gmail.com , asunto "receita" , ou imprimilo e traelo ó centro escolar. Data límite 1 de xuño de 2017.

Para que non todos enviemos a mesma receita, seguiremos a mesma clasificación que se fixo cos nosos alumnos/as á hora de traballar e expoñer ditas legumes, polo que vos pedimos que enviédes receitas da legume que lle corresponde por curso ó voso fillo/a:

4ºEd.Inf --> Chícharos

5ºEd.Inf --> Fabas

6ºEd.Inf --> Lentellas

1ºEd.Prim--> Garavanzos

2ºEd.Prim--> Soia (de aquí sae o Tempeh, o Tofu,...)

3ºEd.Prim--> Alubias ou frijoles

4ºEd.Prim--> LEGUME A ELIXIR *

5ºEd.Prim--> LEGUME A ELIXIR *

6ºEd.Prim--> LEGUME A ELIXIR *

 

(*) Os cursos superiores poderán elaborar receitas coas legumes que queirades posto que 4º lle tocou traballar os Cacahuetes (non son legumes dende o punto de vista alimenticio, pero sí están considerados dende o punto de vista botánico); 5º tocoulle traballar os Altramuces; e ó 6º curso elaborou toda a documentación respecto das Legumes.

Para descargar o documento, premer AQUÍ.

Grazas pola vosa colaboración unha vez máis.

Proxecto Deportivo Tirán

Xa tendes dispoñible no apartado dos Blogues do noso colexio (columna da dereita) o "Proxecto Deportivo Tirán" no que atoparedes información moi interesante sobre o mesmo!!

Non deixedes de visitalo!

 

https://proxectodeportivotiran.blogspot.com.es/

Día das Letras Galegas

17/05/2019 09:30
Europe/Madrid

O venres 17 de maio NON haberá clases lectivas por tratarse do "Día das Letras Galegas".

Distribuir contido


by Dr. Radut