Skip to Content

Recomendacións de lectura para Nadal

Dende o equipo de Dinamización da lingua galega do noso centro, expoñémosvos a continuación unhas guías de lectura recomendadas para as etapas de Educación Infantil e Primaria.

    

Visita dos Bombeiros

Onte, despois do recreo, recibimos a visita dos Bombeiros do Morrazo.

Chegaron coas sirenas postas ata o patio do centro onde os agardábamos. Despois explicáronnos con moito detalle cal é a súa función, como é o seu traxe e como se visten para acudir rápidamente a unha urxencia, como esa roupa os protexe, e detallaron cada unha das ferramentas que levan consigo tanto no traxe como no vehículo de bombeiros que os acompaña.

Fixéronnos varias demostracións aunque o que máis lles gustou ós nenos/as do cole foi o momento no que os bombeiros botaron auga coa súa mangueira, mostrándonos tamén os diferentes tipos de chorro e para que sirve cada un deles. Despois foi o turno de preguntas que amablemente responderon con detalle.

Agradecer ós Bombeiros do Morrazo a súa visita así como recoñecer dende aquí a laboura tan importante que desenvolven na nosa comunidade.

    

Día sobre a Violencia de Xénero

O mércores 25 de novembro conmemorouse o Día contra a Violencia de Xénero, unha lacra da nosa sociedade, como tamén nos indica a Orde do 8 de xuño de 2015 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2015/16, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Dende a escola temos a obriga e a necesidade de potenciar e traballar en pro duns futuros adultos que teñan en conta actitudes positivas e valores que favorezan a liberdade persoal, a solidariedade, o respecto, a tolerancia, a resolución pacífica de conflictos, etc. pero sobre todo a NON VIOLENCIA en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, fomentando a IGUALDADE entre homes e mulleres. Só así conseguiremos un MUNDO MELLOR.

DIA DA PALABRA

O luns 23 de novembro celebramos o día internacional da PALABRA.

Para nós, como mestres/as son moi importantes, xa que traballamos a diario con elas, e queremos que tamén o sexan para o noso alumnado.

Cada neno/a trouxo da súa casa unha palabra e explicoulle ó resto dos seus compañeiros/as o por que desta elección. E con todas as palabras de todo o alumnado do centro fixemos, entre outras actividades, un mural feito coas nosas palabras que está exposto nunha parede exterior do colexio.

 

Actividades extraescolares 2015/2016

Aquí vos deixamos as actividades extraescolares para este curso escolar 2015/2016.

Máis información, contactade coa ANPA MADREBOA do noso colexio.

 

Comezo do curso escolar 2015/2016

Mañá xoves 10 de setembro dará comezo un novo curso escolar!

Recordarvos que o horario das clases é de 9:30 a 14:30 horas e xa dende o primeiro día contamos cos servizos complementarios de transporte e de comedor. 

Os alumnos/as de 3 anos teñen un horario diferenciado durante o periodo de adaptación! 

Os mestres do C.E.I.P. PlurilingüeTirán desexámosvos un bo comezo de curso!

REMATE DAS CLASES

O pasado venres 19 de xuño remataron as clases deste curso escolar.

Para celebralo fixemos un festival no que cada curso preparou unha actuación para o disfrute do público asistente, e os participantes das actividades extraescolares mostraronnos o que aprenderon este ano. Pasámolo moi ben!

Ao remate do festival, parte da comunidade educativa xantou no recinto escolar. E pola tarde houbo diversos xogos e actividades lúdicas adicadas ós nenos/as que ata o centro se desplazaron!

Vémonos en setembro. Pasade un bo verán!

 

Aviso importante. Suspensión das clases en INFANTIL.

Por problemas no invernadoiro do centro e no areeiro do patio de infantil, vémonos na obriga de suspender as clases no 2º ciclo de educación infantil, mañá venres día 29 de maio do 2015.

Sentimos as molestias que isto poida ocasionar!

CROSS de Tirán 2015

O pasado domingo día 10 de maio celebrouse un ano máis no noso centro o CROSS de Tirán, organizado pola ANPA Madreboa do noso cole.

Os nenos/as e os adultos participantes e acompañantes, disfrutaron das carreiras, do día soleado que tivemos, e do entorno que envolve ó noso centro.

Agradecer á ANPA, ás familias e as empresas-entidades que colaboraron e que fixeron posible que un ano máis se celebrase o CROSS de Tirán.

Distribuir contido


by Dr. Radut