Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Primaria

OS BOLECHAS- OS PALANGREIROS DE A GUARDA

ORPAGU convidou aos nenos e nenas de 1º primaria a presentación do libro de Os Bolechas "Os Palangreiros de A Guarda".

Moitas grazas!

 

 

   

VISITA A BIBLIOSOLANAS DA XEFA DE VESTIARIO DA PELÍCULA RONDALLAS

Eva Camino, xefa de vestiario da película Rondallas visitou BiblioSolanas e mantivo un encontro moi interesante co alumnado de 4º, 5º e 6º de educacion primaria.

 

Ademáis os nenos e nenas de 5º de primaria fixoronlle unha entrevista en RadioTreboada.

 

Preme na seguinte ligazón para escoitar a

entrevista a Eva Camino: PARTE 1.

Preme na seguinte ligazón para escoitar a

entrevista a Eva Camino: PARTE 2.

 

VISITA DOS PROTAGONISTAS DA PELÍCULA RONDALLAS

Nos meses de setembro e outubro tivemos na nosa vila a rodaxe da película "Rondallas" do director de cine Daniel Sánchez Arévalo.

BiblioSolanas contou coa visita de tres dos seus protagonistas; Judith Fernández, Fer Fraga e a pequena Lola, que estiveron conversando cos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria.

 
  

Ademáis o alumnado de 6º de primaria fíxolles unha entrevista en radio Treboada.

     
   
     
   Preme na seguinte ligazon para escoitar a entrevista.  

VISITA DO ALUMNADO A RODAXE DA PELÍCULA RONDALLAS

O alumnado de 3º a 6º de educación primaria visita a rodaxe da película Rondallas no Club de Remo Robaleira.

 

 

MAQUETAS CÉLULAS DE 6º DE PRIMARIA

As células son a unidade máis pequena que atopamos nos seres vivos. Poden ser eucariotas ou procariotas. 

O alumnado de sexto de educación primaria, dentro da materia de ciencias da natureza, fixo una maqueta con células animais e vexetais. Tiñan que facer a súa replica cos materias que quixeran, por as partes e facer unha exposición do seu traballo.

Preme na imaxe para ver os traballos:

VOLTA DOS NOSOS PEIXES A CHARCA DESPOIS DAS SÚAS VACACIÓNS NA CASA DO PROFE JORGE

 

 

O profe Jorge estivo coidando os nosos peixes durante as vacacións de verán. Hoxe o alumnado de 1º de primaria axudoulle a que volvesen a súa charca.

Preme no seguinte enlace para ver como o fixeron: VÍDEO.

RADIO TREBOADA: Programa 11 – Despedida cun lío de xogos

As nenas e nenos de 1º de primaria despiden Radiotreboada

 recomendándonos xogos para o verán aproveitando que en BiblioSolanas

tivemos como PDI “Un lío de xogos”.


 

Preme na seguinte URL para escoitar o programa:

https://go.ivoox.com/rf/130652792
 

Moitas Gracias!!

VISITA IES A SANGRIÑA polo alumnado de 6º de primaria

O alumnado de 6º de primaria foi coñecer o IES A Sangriña que será o centro da maioría deles o vindeiro curso.

OBRADOIRO CON MATERIAIS DE REFUGALLO: 2º primaria

o alumnado de 2º de primaria crea obxectos curiosos con materiais de refugallo.

Preme para ver o vídeo.

OBRADOIRO CON PERIÓDICOS: 2º primaria

O alumnado de 2º de primaria fai un obradoiro con periódicos; busca a mellor noticia do día.

Distribuir contido


by Dr. Radut