Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

FELICITACIÓNS NADAL 2020

O alumnado de Primaria felicita as festas!
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega invitou ao alumando a facer as súas felicitacións de Nadal.
Aquí podedes ver o resultado:

Menú do comedor escolar _ Xaneiro 2021

     
  Menú do comedor escolar Xaneiro 2021  
   
     

PATIOS DINÁMICOS EN DÍAS DE CHOIVA

10/01/2021 11:15
Europe/Madrid

O traballo de Patios Dinámicos no primeiro trimestre non foi doado de organizar.

 Cando tivemos todos os espazos ó aire libre xa en marcha, chegou a choiva e máis choiva.

    Así que despois de pasarunha ENQUISA a todo o alumnado de Primaria, con moi boa resposta, do que estamos moi agradecid@s, puxemos en marcha unha caixa por aula dacordo cos intereses amosados, para xogar e pasalo ben nos días de choiva que nos obrigaron a estar no pavillón (que non foron poucos).

  Vos deixamos o vídeo do día en que as estreamos tan emocionad@s de atopar as suxestións feitas realidade!

 

CONTO O PRINCIPIÑO

O proferado de Infantil representou esta obra baseada na amizade, amor, tristeza ou riqueza.

Menú do comedor escolar _ Febreiro 2021

     
    Menú do comedor escolar Febreiro 2021   
     
     

DÍA DA PAZ 2021

O 30 de xaneiro é o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Este ano o conmemoramos creando cada neno/a o seu Violentovirus formado polas nosas preocupacións, medos e fustracións.

Ademáis dos compoñentes necesarios para a vacina da paz: respecto, amizade, saber escoitar...

 

HERDANZA XENÉTICA

A herdanza xenética dun ser humano son rasgos ou características que se transmiten de pais/nais a fillos/as.

Os membros dunha mesma familia tender a ter características semellantes; o alumnado de 6º de Primaria fixo unha investigación cos membros da súa familia; rasgos físicos e rasgos de carácter.

 

MAQUETAS ESTACIÓNS METEOROLÓXICAS

 

 

Unha estación meteorolóxica é unha instalación que mide e rexistra variables metereolóxicas mediante diferentes instrumentos.

O alumnado de 5º Primaria tivo que construir instrumentos para medir os elementos do tempo atmosféricos; catavento, anenómetro, barómetro, termómetro e pluviómetro.

Fixeron unha investigación dos materiais e empregou a súa imaxinacion para construir a maqueta.

O resultado o temos no seguinte vídeo:

 

 

ENTROIDO 2021

Durante todo a semana, o alumnado e profesorado tivo que vir á escola segundo as ordes do MecoEspada, que este ano ten unha vacina para ser indultado.

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA:11 de febreiro

Esta conmemoración serve para recordar o papel fundamental que teñen as mulleres e as nenas na ciencia co obxectivo de fomentar a súa participación de forma plena e equitativa.

O alumando de 6º de educación primaria fixo un traballo sobre diferentes mulleres científicas que ao longo da historia foron relevantes nas súas ciencias.

 



by Dr. Radut