Os/as nenos/as de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participaron, xunto os/as alumnos/as dos outros centros da localidade, na gravación dun lipdub (vídeo musical onde se moven os labios semellando cantar). A actividade foi organizada polo Centro San Xerome dentro da conmemoración do "Día da Paz e da non violencia" que se celebrará o vindeiro día 30.
Nós participamos co noso karaoke particular. Esperamos que vos guste!
Todo resultou moi divertido aínda que o día non acompañou moito.
O pasado mércores, 27 de xaneiro, os alumnos e alumnas de 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria foron de excursión a Vigo a coñecer o Centro de Interpretaci'on das Illas Atlánticas. Logo foron ata o Teatro A Fundación para ver a obra do grupo de percusión Odaiko: "Cousas de catro".
Hoxe, 29 de xaneiro, celebramos no colexio o "Día da paz e da non violencia" cuns talleres onde coloreamos e recortamos unha parella representativa do país que ímos investigar no noso proxecto da Biblioteca (Nenos e nenas do mundo) e os colocamos nuhna enorme pelota do mundo coa que poidemos xogar. E tamén decoramos unha flor coa palabra paz nos diferentes idiomas.
Ao rematar os talleres fomos tod@s ao salón de actos para ver unha proxección do Lip dub feito polos coles do pobo, mostrar as nosas flores e compartir boas ideas e boas intencións.
Celebrando o día do amor e da amizade no colexio realizamos unha actividade de escritura en galego. Cada nen@ debía escribir unha carta solicitando amizade a algún/algunha compañeir@ anónim@ e depositar a súa carta no buzón. Despois a carteira María repartiu esas cartas ao chou e cada un/unha debía contestar a carta recibida e volver a depositala no buzón.
Ao fin da mañana o carteiro Jorge repartiu a cada un/unha a carta personalizada coa resposta a súa solicitude. Agora hai amig@s por correspondencia coma os de antes!!!