Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

Nota informativa ás familias

Proceso de Admisión 2016

     
 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

CURSO 2016-2017

 
       
 

Normativa reguladora

Preme na palabra en subliñada en azul para acceder a lexislación e aos formularios.

Os formularios estarán dispoñibles tamén na secretaría do centro.

Por cada neno/a se entregará:

  • Documentos de solicitude de admisión (Anexo II e Anexo A)
  • Fotocopia do DNI do alumno ou do libro de familia
  • Fotocopia do DNI da nai e do pai.
 
 

 

 
     

Mapa da área de influencia

Aquí podedes ver en cor as rúas que están adscritas ao noso centro.

  

 
   
 

Calendario de procedemento de admisión e matrícula

 

  1. Reserva de praza no centro de orixe: 1-15 febreiro
  2. Publicación de postos escolares vacantes: Antes do 1 de marzo
  3. Presentación de novas solicitudes de admisión: 1-29 de marzo
  4. Publicación das listaxes provisionais das persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril
  5. Publicación das listaxes definitivas das persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
  6. Formalización da matrícula en Ed. Infantil e Ed. Primaria : 20-30 de xuño
 
     
   

 Oferta de postos escolares curso 2016-2017

 
 

 

     
 

Listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido  (Publicarase antes do 25 de abril) 

  

Listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido   (Publicarase antes do 15 de maio)   

 

 
         
         

Menú comedor Marzo 2016

Día de Rosalía

O martes, 1 de marzo, ainda que cun chisco de retraso por mor do mal tempo, celebramos o Dia de Rosalía (conmemorado o 24 de febreiro) xunto cos/coas nenos/as dos outros colexios da localidade e a Guardería municipal.

Aquí podedes ver como nos foi!

 

Experimento coa densidade e a flotabilidade.

Cómo podemos facer para que un corpo flote ou se afunda?

- Variamos a forma do corpo: a plastilina flota porque ten aire no seu interior, e a súa densidade e menor ca da auga.

- Variamos a densidade do líquido; ao engadir sal facemos que a densidade da auga aumente. Por iso o ovo flota.

Ovo saltarín

A cáscara do ovo está feito de carbonato cálcico e o vinagre é un acido débil. Ao mesturalos a cáscaro do ovo se vai desfacendo polo que, nuns días, o ovo queda recuberto pola súa membrana semipermeable.

 

Guardar

Plan director 2016

Hoxe tivemos a charla do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nos seus Contornos a que acudiron os alumn@s de 5º e 6º de Ed. Primaria.

Este plan ofrece aos centros charlas informativas sobre os riscos asociados a utilización da internet e as novas tecnoloxías, impartidos por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

 

Excursión a Naturnova e ao MARCO

Os/as alunmnos/as de 1º e 2º de Ed. Primaria foron de excursión a Vigo o pasado venres, 4 de marzo. Alí visitaron o museo de  ciencias naturais, Naturnova, e o Museo de Arte Contemporáneo, MARCO.

Aquí podedes ver as fotos da saída.

Visita á Biblioteca Municipal

Neste última semana de clase, fomos visitar, e algúns de nós coñecer, a nosa Biblioteca Municipal. Moitas grazas a Bibliotecaria Marisol por atendernos tan ben!

 

 


 

 

 

 

 

DÍA DEL PADRE. AULA DE 5 AÑOS

<iframe width="560" height="315" src="https://www.youtube-nocookie.com/embed/1xxkDeSBbzU?rel=0" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>



by Dr. Radut