Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

O ANTROIDO

O  Antroido  no  noso  colexio  abarca  a  semana  dende  o  dia  28  de  xaneiro  ata  o  2  de  febreiro, na  que  tamen  se  celebra  o   día  da  PAZ  que  corresponde  ao  30  de  xaneiro.

Caretas, antifaces,sombreiros  e  moitas  máis  sorpresas  faremos  para  que  o  venres  o  noso  disfraz  este  listo  para  festexar. 

CEIP As Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo

   
        O CEIP As Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo se sitúa no centro urbán da Guarda. Sito na rúa O Rosal s/n, o Centro consta de dous edificios no que se imparten as Etapas de Educación Infantil e Educación Primaria.
              
         Se queres ver as instalación pincha aquí.

 
Tfno/Fax: 986610145
Dirección: R/ O Rosal s/n
36780 A Guarda (Pontevedra)

CLAUSTRO

O  29 DE  XANEIRO TEMOS  CLAUSTRO  EXTRAORDINARIO  NA  BIBLIOTECA.

Orde  do  día:

1.-SOLICITUDE  DE  PRÓRROGA  DA  XORNADA  ÚNICA.

O NOSO CENTRO

Non podedes perdervos...

... as exposicións de arte que celebra Caixanova en Vigo. As visitas realizadas cos rapaces foron todo un éxito. Animádevos a viSItalas con eles!

FONDO DE RECURSOS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

    Un dos obxectivos prioritarios do noso Plan de Orientación consiste en proporcionar as ferramentas educativas que estean ao noso alcance á comunidade escolar.

    Consideramos por tanto que o fondo de recursos bibliográficos e informáticos do noso Departamento debe estar ao servizo de todos, co fin de:

  • potenciar o seu caracter dinamizador como elemento de desenvolvemento educativo e social
  • converterse nun grande centro de formación e información para a comunidade escolar
  • favorecer a participación activa do alumnado, profesorado, familias e contorna en xeral

Para facilitar este intercambio estamos a poñer en marcha un servizo de préstamo

NORMAS DA BIBLIOTECA



Poden ser socios e socias da Biblioteca tódolos membros da comunidade escolar do centro.


Hai
libros de consulta que non se poden levar en préstamo. Se queres algún, pregúntanos.


Para levar libros en préstamo hai que ter carné da Biblioteca. Se non o traes, recorda o número.


Só se poden ter dous libros en préstamo, salvo casos excepcionais que se porán en coñecemento da encargada da Biblioteca.


Os libros deben devolverse no prazo máximo de quince días. Se non o remateches podes pedir unha semana máis de prazo.


No caso de perda ou deterioro irreparable dalgún libro, deberase mercar outro igoal ou, de non ser posible, semellante.


HORARIO

    Está aberta para grupos de alumnos e alumnas durante o horario escolar, baixo o control do profesorado que os acompañe.


Os luns, mércores, xoves e venres está aberta de 16 a 18 horas tanto para alumnos e alumnas como para as nais e os pais. Para elo organízanse quendas nas que participa todo o profesorado.


Os martes en horario de 17 a 18 horas, hai servizo de préstamo para ex alumnos/as.



by Dr. Radut