Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

Menú do comedor escolar - Xaneiro 2020

     
  Menú do comedor escolar - Xaneiro 2020  
     
     

PAPÁ NOEL 2019

     
Como todos os anos Papá Noel chegou a Solanas e repartiunos moitos agasallos. Grazas ANPA pola vosa dedicación e traballo.    
   
     

Día da Paz

Menú do comedor escolar - Febreiro 2020

     
     
     

CONCURSO ILLAS CÍES

     

A alumna María, de 2º de Primaria, foi unha das premiadas no concurso de debuxo das illas Cíes, patrocinado polo Faro de Vigo. 

Moitos parabéns!

   
   
     

FESTIVAL NADAL

     

O festival de Nadal foi espectacular. Dende teatro de luz negra ata un concurso de talentos en directo! Aquí tedes algunhas das imaxes dese día. 

Esperamos que vos gustara moito, todo o traballo ten a súa recompensa. 

   
   
     

PLAN DIRECTOR 2020

     
Un curso máis a Consellería de Educación pon ao servizo dos colexios O Plan Director, cuxo obxectivo é proporcionar charlas formativas e informativas sobre diferentes temáticas destinadas a mellorar a nosa sociedade. Neste caso, @s alumn@s de 5º e 6º acudiron a unha charla sobre as ventaxas e inconvenientes das novas tecnoloxías e sobre como deben utilizalas de maneira proveitosa e satisfactoria. Grazas as Forzas e Corpos de Seguridade do estado por levar a cabo esta labor tan necesaria e importante.     
   
     

 

 

Menú do comedor escolar - Marzo 2020

     
  Menú do comedor escolar Marzo 2020  
     
     

Proceso de admisión curso 2020-2021

     
  ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020 - 2021  
  DO 11 AO 18 DE MAIO DE 2020
 
 

 

Dende o 11 de maio ata o 18 de maio permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o próximo curso 2020-2021. O calendario do procedemento de admisión e matricula está establecido na Orde do 12 de marzo de 2013.

PRAZO DE ADMISIÓN: do 11 ao 18 de maio

DIRIXIDO A:

  • Alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo.

  • Alumnado que quere cambiar de centro escolar, sempre que existan prazas dispoñibles.

COMO PRESENTAR A SOLICITUDE:

 

VÍA TELEMÁTICA www.edu.xunta.es/admisionalumnado

Esta ferramenta posibilita aos proxenitores cubrir a solicitude na aplicación e presentala de forma presencial no centro ou por vía electrónica.

As familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento empregando o código que xera a aplicación ao cubrir a solicitude.

MODO PRESENCIAL

Acudir ao centro educativo, pedir en secretaría a solicitude, cubrila e nós a tramitamos.

 

 
 

- Publicación doas listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido antes do 9 de xuño.- Publicación doas listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido antes do26 de xuño.

- Formalización da matrícula do 1 ao 10 de xullo.

 
   
   
   
   
   
   
     

CONCURSO PILABOT

     

O noso centro quere axudar a Pilabot a cumprir a súa misión: protexer ao medio ambiente reducindo a contaminación causada polos milleiros de pilas e baterías empregadas a diario. Como podedes ver, a comunidade educativa de Solanas está moi concienciada con toda esta problemática! 

NÓS RECICLAMOS CON ENERXÍA!

   

 

   
     


by Dr. Radut