Adxúntase Instrucción do 19 de marzo de 2020 e información da Confederación Autismo España sobre a posibilidade do alumnado con diagnóstico de Trastorno do Espectro Autista (TEA) ou problemas condutuais para sair á rúa por causa de forza maior.
A modo de resumo, o alumnado que teña discapacidade cun diagnóstico de TEA ou trastorno de conduta, terán a garantía xurídica de poder circular polas vías de uso público e non ser multadas.
Sen embargo, en coherencia coas instruccións, facemos fincapé no carácter excepcional e de forza maior desta posibilidade recordando que o fundamental é QUEDAR NA CASA. Igualmente, será esencial extremar as precaucións para previr o contaxio se, no caso de URXENCIA OU EXTREMA NECESIDADE, as persoas con TEA e as súas familias teñen que sair á rúa. En todo momento, apélase á responsabilidade individual á hora de afrontar as medidas establecidas. Recordamos que se é necesario saír á rúa, deberá ser cumprindo a norma de que soamente poderá o alumno/a por unha persoa.
Por todo esto, a Confederación de Autismo de España recomenda levar consigo a seguinte documentación:
- Certificado oficial do recoñecemento da discapacidade.
- Copia da Instrucción do 19 de marzo de 2020.
- Informes médicos complementarios nos que se describa a existencia de TEA os problemas condutuais.
Para calquera dúbida, poñerse en contacto no email: maria.masana.martinez@edu.xunta.es