O venres, 19 de xaneiro, o alumnado de 3º de Primaria tivo unha primeira aproximación ao mundo da robótica cuns xogos de cultura xeral. Estiveron todos traballando moi motivados e contentos!
Neste pasado venres, 25 de xaneiro, o alumnado de 6º de Primaria comezou co emprego de Lego - robótica. Unha interesante maneira de aproximarse aos rudimentos da enxeñaría.
Esta semana os nen@s de 3 e 5 anos fixemos as nosas propias empanadas pequenas; manchámonos un pouco e xogamos coa masa, cando as metemos no forno, o cole arrencendía rico rico e papámolas todiñas...
O mércores os nen@s de 3 anos fomos á Biblioteca Municipal; alí fixemos o noso propio carné de biblioteca, tamén xogamos, debuxamos e por suposto, limos unha morea de libros, a bibliotecaria Marisol explicounos o funcionamento da mesma e contounos o conto de "Frederic".